28-M

A participación na Galiza até ás 14 horas foi de 35,58%

O dato de participación, segundo o Goberno español, foi ás 14 horas deste domingo, superior en 1,38% ao das eleccións de 2019 que chegara a 34,20%. 
Persoas votando no colexio electoral no Centro Civico de Novo Mesoiro, A Coruña. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Persoas votando no colexio electoral no Centro Civico de Novo Mesoiro, A Coruña (Foto: Nós Diario).

Os primeiros datos de participación ás 14 horas facilitados polo Goberno español sinalan que na Galiza, a esa hora, xa votou 35,58% da poboación con dereito a voto. Sería un aumento en 1,38% con respecto á mesma hora nas anteriores eleccións municipais de 2019.

Por provincias, a participación alcanzou 34,01% na Coruña (+1,11%); 38,02% en Lugo (+3,85%); 39,58% en Ourense (+2,04%); e 35,31% en Pontevedra (+0,67%).

No conxunto do Estado español a participación foi de 36,22%.

Participación ás 14 horas en 2019

A participación nas municipais de 2019 até as 14 horas na Galiza situábase en 34,20 %, daquela un punto máis que no 2015, cando se situaba no 33,28 %. 

A afluencia ás urnas era na Coruña de 32,88 %, fronte a 31,91 % do 2015. 

En Lugo estivo en 34,17 % fronte a 33,91 % do 2015. No caso de Ourense chegara a 37,56 %, fronte ao 36,81 % das anteriores. 

Por último, a circunscrición provincial de Pontevedra tivera un 34,67 %, medrando con respecto a 2015 que quedara en 33,46 %. 

En relación ás cidades galegas, nas anteriores eleccións municipais ás 14 horas A Coruña contaba con 31%. En Ferrol, pola súa parte xa votara 33,17 % mentres que en Lugo de 29,58 %. 

En Pontevedra a participación fora de 33,10 %, en Ourense de 33,27 e en Vigo de 33,54 %.

Comentarios