28-M

O BNG obtería a alcaldía de Santiago, segundo a sondaxe de GAD3 para a CRTVG

A sondaxe realizada pola Forta que deu a coñecer a CRTVG confirma as tendencias apuntadas por Nós Diario nos últimos días. Os maiores cambios daríanse en Compostela, onde gobernaría o BNG, e en Ferrol, con maioría absoluta do PP. Queda por coñecer o desenlace de Lugo.

Papeletas de voto (Foto: Nós Diario).
photo_camera Papeletas de voto en Vigo (Foto: Nós Diario).

Ás 20 horas, coincidindo co feche dos colexios electorais, os medios da Corporación ofrecerán á súa audiencia unha enquisa elaborada pola empresa Gad3 para a Federación de Organismos de Radio e Televisión  Autonómicos (Forta).

A sondaxe, elaborada nos 26 días previos á xornada electoral, ofrece datos das sete principais cidades galegas e de catro comunidades autónomas (Madrid, Valencia, Aragón e Castela-A Mancha).

Realizouse con máis de 3.500 entrevistas teléfonicas tanto a fixos coma a móbiles nun ámbito que comprende as sete grandes cidades do país.

Resultados nas cidades

Os resultados na Coruña  darían ao PP 11 edís; ao PSOE 10; o BNG tería 4; e Marea Atlántica 2.

Na cidade de Ferrol, o PP contaría con 13 edís; o PSOE con 7; o BNG obtería 3; e Ferrol en Común contaría con 2.

En Lugo, o PP tería 12-13; o PSOE, 7-8; e o BNG 5.

Na cidade de Ourense o PP lograría 9-10; o PSOE, 7-8; o BNG 4; e Democracia Ourensá 6.

En Pontevedra, o BNG conseguiría 10-11; o PP 10-11; e o PSOE 4.

Na cidade de Santiago de Compostela, o PP quedaríase en 9-10; o BNG tería 7; o PSOE 6 e Compostela Aberta 2-3:

Por último, en Vigo o PSdeG tería 19-20; o PP 5; e o BNG 2-3.

Comentarios