Denuncian carrexo de votos en varios concellos galegos

[ACTUALIZACIÓN 20.25] Os comicios municipais estiveron marcados unha vez máis polas denuncias contra o PP por suposta carretaxe de persoas anciás. Pontedeume, Ourense, O Carballiño, Nogueira de Ramuín, Lugo e Pazos de Borbén, son algún dos concellos onde se rexistraron incidencias.


Normalidade nas 3.997 mesas electorais dos 314 colexios de Galiza. “A noticia é que non hai noticia”, explicou o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, no primeiro avance informativo da xornada. Os comicios municipais están a desenvolverse sen apenas incidencias e cunha participación lixeiramente inferior a das municipais de 2011.

A incidencia máis notable das primeiras horas de votación sucedeu en Monforte de Lemos, onde a presidenta dunha mesa foi detida tras negarse a formar parte da mesma. En Cambre, a Garda Civil retivo a un home por tratar de votar en dúas ocasións. Ambos foron postos en liberdade horas despois.

Tamén se rexistraron as primeiras denuncias por suposto carreto de votantes en Pontedeume, Ourense, Vimianzo, O Carballiño, Nogueira de Ramuín e Lugo. Tamén en Pontedeume, Ourense, Vimianzo, O Carballiño, Nogueira de Ramuín e Lugo., onde o BNG local asegura que un traballador municipal levou a anciáns dunha residencia a votar no propio concello, baixo a "supervisión" do alcalde do PP, José Luis Ferro. En Pazos de Borbén, repetiuse unha denuncia similar contra os populares. 

Viva la fiesta de la democracia, #Carretaxe2015 #EleccionesMunicipales Ourense, #EstanParaFoto pic.twitter.com/mMhGIs9y6a

Pintadas e pancartas

Na Coruña houbo algúns cambios nas mesas pola ausencia das persoas titulares. En Baiona, na provincia de Pontevedra, apareceron pintadas con mensaxes políticos, mentres que en Noia foron retiradas varias pancartas. 

Mais a nota predominante da xornada foi a normalidade. O bo tempo acompaña este domingo en boa parte do país. Nas rúas e nas terrazas, hoxe fálase principalmente de política. 

Comentarios