28-M

A participación na Galiza até ás 18 horas foi de 52,93%

O dato de participación, segundo o Goberno español, foi ás 18 horas deste domingo, superior en 0,75% ao das eleccións de 2019 que chegara a 52,18%. 
Unha mesa electoral (Foto: Nós Diario).
photo_camera Unha mesa electoral en Foz (Foto: Nós Diario).

Os primeiros datos de participación ás 18 horas facilitados polo Goberno español sinalan que na Galiza, a esa hora, xa votou 52,93% da poboación con dereito a voto.

Sería un aumento en 0,75% con respecto á mesma hora nas anteriores eleccións municipais de 2019.

Por provincias, a participación alcanzou 50,39% na Coruña (-0,69%); 56,93% en Lugo (+2,85%); 56,39% en Ourense (+1,64%); e 53,14% en Pontevedra (+1,21%).

No conxunto do Estado español a participación foi de 51,47%.

Comentarios