xerente

HAC
ENCERRAMENTO NO HAC DE VIGO

"A conselleira e o xerente tiñan que ter demitido xa"

Persoal sanitario do Álvaro Cunqueiro inicou un encerramento para denunciar as deficiencias detectadas desde a abertura do hospital. O Colexio de Enfermaría de Pontevedra demandará o Sergas. 

ECONOMÍA

O persoal da residencia Valle Inclán concéntrase contra a represión sindical do seu xerente

Piden a readmisión das 22 traballadoras que foron despedidas como represalia por reivindicar os seus dereitos laborais. O resto de insubmisas denuncian que levan meses sen cobrar e sufrindo unha “campaña de coaccións e acoso laboral”. Vídeo no interior.

CGAC
CULTURA

Cultura atribúe o cesamento do xerente do CGAC a “un proceso de renovación”

O secretario xeral da Consellaría de Cultura, Anxo Lourenzo, atribúe o cesamento do xerente do CGAC a un “proceso de renovación” cando se cumpren vinte anos do Centro. Como adiantou Sermos Galiza, a Consellaría de Cultura cesou a pasada sexta feira a Manuel Arroyo á fronte do departamento de xestión do centro, despois de ocupar a praza desde o inicio da súa andaina.

cgac
CULTURA

A Consellaría de Cultura cesa o xerente do CGAC

A Consellaría de Cultura vén de cesar de forma fulminante o xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea, Manuel Arroyo, que levaba no posto desde o inicio da historia deste ente. Nas últimas semanas, Sermos Galiza ten informado sobre a crise pola que atravesa o Centro, cun padroado sen convocar mesmo cinco meses despois da demisión do seu presidente e de dous dos seus vogais. 

SOCIAL

Rebentan a presentación do novo xerente do Hospital da Costa e exixen a demisión da conselleira

Berros de "mentireira" e pola súa demisión foron os que @s traballador@s do centro público lle dedicaron a Rocío Mosquera, deixando claro o seu rexeitamento á Xestión integrada que lles impuxo e que "non recoñeceremos" ningún xerente "se non é da área propia da Mariña"
POLÍTICA

O xerente do PSOE, Xoán Cornide, asinou un "contrato" coa inexistente Amy Martin

Segundo o diario El Mundo, no contrato asinado polo xerente socialista, Xoán Cornide, este asegura terse reunido coa falsa xornalista cuxa remuneración se situaba en perto de 3000 euros por artigo. O xerente do PSOE, moi próximo a José Blanco, xa se atopaba inmerso nun caso de corrupción en 2011.
xerencia AGADIC
Galiza

A Universidade de Santiago sitúa a Anxo Quintanilla como xerente de Agadic

Desde que Juan Carlos Fasero deixara a xerencia da Agadic, o organismo responsábel das industrias culturais da Xunta está descabezado. Nunha convocatoria publicada no Xornal da Universidade de Santiago, sitúase a Anxo Quintanilla á fronte do organismo como xerente.
Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense
POLÍTICA

O alcalde de Ourense e o xerente de Vendex declaran no xulgado polo caso "Pokemon"

En liberdade tres dos trece detidos, entre eles o alcalde de Boqueixón que tivo que facer fronte a unha fianza de 10.000€. O BNG pedirá a dimisión do alcalde socialista de ser imputado.