Francisco Rodríguez á espera da decisión da xuíza sobre a súa imputación no caso "Pokemon"

Declarou durante tres horas diante de Pilar de Lara e deu resposta a todas as preguntas que se lle formularon. O seu avogado afirma que o alcalde socialista está “ben pero canso”. Fican á espera da decisión da xuíza que nestes momentos interroga a dous directivos de Vendex.

O alcalde de Ourense compareceu no xulgado de Lugo durante máis de tres horas. Foi interrogado pola xuíza instructora do caso “Pokemon”, Pilar de Lara. Segundo reveleou o seu avogado, Rodríguez contestou todas as preguntas que lle formulou a xuíza. Arturo Fernández sinalou que o seu representado respostou “moi tranquilo e coherente” a todas as cuestións coas que a xuíza tenta determinar se o alcalde socialista está implicado nunha presunta trama de corrupción e subornos ligada ao grupo Vendex.

Neste momento Francisco Rodríguez permanece no xulgado á espera de que a xuíza tome unha decisión sobre el. Agora declaran perante ela o xerente e o delegado de Vendex en Galiza e todo indica que tralos seus testemuños Pilar de Lara tomará a decisión de imputar ou non ao alcalde. O PSOE decidiu non emitir ningunha reacción até que se coñezan os cargos contra Rodríguez.

Comentarios