xabaril

Un xabaril entre as rúas Castrón Douro e Curros Enríquez, en Compostela (Foto: Europa Press).
SOCIAL

VÍDEO | Un xabaril percorre as rúas no medio da noite compostelá

Un xabaril percorreu na medianoite entre o cuarta feira e a quinta feira o centro da cidade de Compostela, onde foi avistado por diferentes veciños e veciñas por rúas como Castrón Douro, O Hórreo, a estación intermodal ou o barrio de Sar.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
Agora

Ferida unha muller en Ribadeo ao bater o vehículo que conducía cun xabaril na A-8

Unha muller resultou ferida ao impactar o vehículo que conducía cun xabaril na A-8, ao seu paso polo municipio da Mariña. Segundo informou o 112, o accidente produciuse no quilómetro 511, en Piñares, sentido Begonte. Un particular alertou ao servizo de que a muller ferida chocara contra dous xabarís, un adulto e unha cría, e que recibira un golpe na cara. A muller estaba consciente e accesíbel, polo que aínda que se deu aviso aos Bombeiros de Barreiros, non foi necesaria a súa intervención. O 112 tamén alertou ao 061 e á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e á Policía Local.

Exemplar de xabaril no monte. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Gaiolas para xabarís? A Xunta di que si

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu o uso de gaiolas para o control de xabarís en zonas urbanas e periurbanas, ao ser preguntada pola situación na Coruña.
Cazadores nunha batida de xabaril. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Os cazadores admiten que "non hai unha praga" de xabarís: "No monte ou o rural hai igual ou menos que en anos anteriores"

Desde a Federación Galega de Caza si perciben, con todo, unha "maior presenza urbana" destes animais en cidades como A Coruña ou Lugo, e cren que isto si pode supor "un problema".
Manda de lobos. (Foto: Nós Diario)
debate

O DEBATE | Debe manterse o actual status de protección para o lobo?

Éstá o lobo en perigo na Galiza? É o actual status de protección para o lobo o acaido para a situación desta especie no país ou debe mudarse? Debáteno este sábado nas páxinas de 'Nós Diario' o biólogo e estudoso do lobo na Galiza Martiño Nercellas e o responsábel da área de desenvolvemento rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijóo.
Manda de xabarís. (Foto: Gonzalo Varas)
Agora

Até 131 peticións de batidas de xabaril nos primeiros 11 días de 'emerxencia cinexética'

A Xunta da Galiza rexistrou un total de 131 peticións de batidas de xabaril nos primeiros 11 días de 'emerxencia cinexética'. Confirmouno esta cuarta feira no pleno do Parlamento a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, a preguntas da deputada do PP Begoña Abeijón, á que deu esta información salientando a "total colaboración" da Xunta cos concellos e o resto de institucións. Vázquez precisou que é "competencia" dos concellos preservar as zonas urbanas e periurbanas e que por iso é necesario, tamén, autorizar a instalación de gaiolas para atrapar xabarís co obxectivo de "frear a peste porcina". Aliás, ironizou con que estes animais non van "de Curtis" até "A Coruña" de compras, senón que viven na propia contorna da cidade herculina, polo que pide aos concellos controlar as camadas e as zonas onde habitan estes exemplares, dos que se abateron 18.397 na tempada de caza 2021-22.
Tomás, o garda forestal, no centro, con Manuel, á esquerda, e Silvino, á dereita. (Foto: M. V.)
Medio Ambiente

Parque Natural do Invernadeiro: onde o ser humano é quen camiña cara á extinción

Lobos, corzos, cabras montesas e xabarís abundan no Parque Natural do Invernadeiro (na comarca de Viana), e incluso chegou o oso pardo. O que non hai son persoas, nin dentro da zona protexida, nin, de seguirmos así, nas aldeas limítrofes, malia os seus ricos recursos naturais.
Para que unha estratexia de caza dese resultado debería eliminarse 65% da poboación global. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Xabarís no idioceno

Xabier Vázquez Pumariño é biólogo, ornitólogo, consultor ambiental e activista no movemento ecoloxista.
Diseño sin título (73)
star
SOCIAL

A Xunta fía a xestión da fauna salvaxe da Galiza á "política da escopeta"

A emerxencia cinexética para o xabaril declárase pola Xunta da Galiza poucas semanas despois de que o propio Goberno galego quixese renovar a súa "guerra contra o lobo", precisamente o único depredador natural na Galiza do porco bravo.
Agricultores e gandeiros avisan dun incremento da poboación de xabarín nos últimos anos. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Adega critica que ante a "emerxencia cinexética", a Xunta recupere a caza do lobo, principal depredador do xabaril

“A irracional postura da Xunta, que receita chumbo para o xabaril e ao tempo pretende cazar o lobo, principal predador do porco bravo, ponse de manifesto ao analizar conxuntamente a situación de ambas as especies na Galiza”, relatan desde Adega.
A Xunta xustifica as excepcións ás restricións para os cazadores no aumento da poboación de especies como o xabarín. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Fruga considera "populista e electoralista" a autorización da caza 'sen límite' do xabarín

"Entendemos que os cazadores poden ser uns grandes colaboradores, pero nunca poden ser os responsábeis de levar a cabo o control dunha posible 'praga'", salientan desde a Federación.

Coitado xabarín

xabarins
POLÍTICA

O PSdeG urxe a Xunta a se reunir cos concellos sobre o "problema" do xabaril

A formación socialista cualifica de "parche" a emerxencia cinexética
A Xunta xustifica as excepcións ás restricións para os cazadores no aumento da poboación de especies como o xabarín. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

A Xunta declara a "emerxencia cinexética" e, malia non dispor do censo, autoriza a caza "sen límite" do xabaril en 248 concellos

Poderanse capturar ou abater exemplares de ambos os sexos e amplíanse os períodos de caza.

Exemplar de xabaril no monte. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Urxen medidas contra a expansión do xabaril: "O control poboacional non está a funcionar"

Os xabarís causan até 10 accidentes de tráfico ao día e cuantiosos danos aos cultivos, segundo organizacións agrarias e ambientalistas, que desbotan a caza como solución.

As perdas polos ataques do xarabil ao millo poden superar os 6 millóns de euros, segundo UUAA. (Foto: Gonzalo Varas)
ECONOMÍA

Unións Agrarias pide iniciar "canto antes" as batidas de xabaril e "centrar esforzos" en zonas de cultivo de millo e vide

As plantacións atópanse moi adiantadas en crecemento e madurez debido ás condicións climáticas favorábeis acontecidas este ano

Agricultores e gandeiros avisan dun incremento da poboación de xabarín nos últimos anos. (Foto: Nós Diario).
star
SOCIAL

A Xunta carece dun "plan integral" para xestionar o crecente problema do xabaril

Hai un problema grave co xabaril e a Xunta da Galiza "non está a facer o necesario para atallalo". Velaquí a crítica que fan tanto desde sectores produtivos do rural galego como entidades ecoloxistas, que advirten das consecuencias de carecer desde hai anos dun verdadeiro plan para o control desta especie. A Xunta, porén, lembra que ten constituído desde hai varios anos un grupo de traballo multidisciplinar para a posta en marcha "dun paquete de medidas para a xestión do xabaril e control de danos".

O vehículo sinistrado. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Morren dous mozos de 18 anos nunha saída de vía provocada por un xabaril en Chantada

O condutor, que deu negativo na proba de alcolemia e sufriu unha crise de ansiedade após o suceso, resultou ileso. Os dous falecidos levaban o cinto posto no momento e eran futbolistas do equipo xuvenil da SD Chantada.
Agricultores e gandeiros avisan dun incremento da poboación de xabarín nos últimos anos. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O xabaril causa unhas perdas anuais de 18 millóns no agro

A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe en Galicia (Aperfasa) rexistrou onte unha carta dirixida ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para que "tome medidas" sobre a poboación de xabaril que "causa perdas de entre 17 e 18 millóns de euros ao ano nas explotacións gandeiras e agrícolas" da Galiza.
 
José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O presidente da Deputación de Lugo sofre un accidente cun xabaril e pide á Xunta "políticas de control" do animal

"Posibelmente sexa necesario que desde a Administración, neste caso a galega, que é a que ten as competencias, se fagan políticas de control destes animais que andan polos nosos montes", explicou José Tomé.