Ferida unha muller en Ribadeo ao bater o vehículo que conducía cun xabaril na A-8

Unha muller resultou ferida ao impactar o vehículo que conducía cun xabaril na A-8, ao seu paso polo municipio da Mariña. Segundo informou o 112, o accidente produciuse no quilómetro 511, en Piñares, sentido Begonte. Un particular alertou ao servizo de que a muller ferida chocara contra dous xabarís, un adulto e unha cría, e que recibira un golpe na cara. A muller estaba consciente e accesíbel, polo que aínda que se deu aviso aos Bombeiros de Barreiros, non foi necesaria a súa intervención. O 112 tamén alertou ao 061 e á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e á Policía Local.

Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
photo_camera Emerxencia 112 Galiza (Foto: 112).
Comentarios