Tímpanos medievais da Galiza

Castrelos, tímpano exterior na porta principal. (Foto: Carlos L. Bernardez)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Os tímpanos de Santa María de Castrelos

Santa María de Castrelos (Vigo) é unha igrexa erguida en 1216 que posúe tres tímpanos, todos presididos pola representación da cruz e con faces interiores que repiten a mesma iconografía. O templo foi propiedade da Orde de San Xoán de Malta e dependeu da Encomenda de Beade. É un bo exemplo de como no medio rural, desde a segunda metade do século XII, xurdiron tímpanos de formas de elaboración esquemática onde o icónico se destaca sobre o contido narrativo. As cruces seguen os modelos de prestixio das xoias de metais preciosos.
Tímpano Herodes, Epifanía. (Foto: Carlos L. Bernárdez)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Os comezos do gótico galego e o portal da catedral de Tui

Os inicios do gótico galego teñen no portal occidental da Catedral de Tui un capítulo fundamental. Entre 1225 e comezos da seguinte década varios obradoiros de orixe non galega, con claras referencias estilísticas e iconográficas ligadas ao gótico temperán francés, introducen importantes novidades escultóricas que fan da de Tui a primeira portada gótica peninsular, coas figuras das xambas tratadas como auténticas estatuas e cun ciclo narrativo organizado en rexistros superpostos no lintel e o tímpano. 
Carlos Bernárdez
CULTURA

Carlos Bernárdez: “O estilo do portal de Tui non ten relación coa tradición anterior nin coa arte do Mestre Mateo en Compostela”

Carlos López Bernárdez é historiador de arte. Sobre arte medieval é coautor do ensaio Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega (2004), preparou para Nós Diario os fascículos correspondentes á Catedral de Tui e Santa María de Castrelos que se publican mañá e pasado.

 

Porta occidental e Agnus Dei. (Foto: José Antonio Gil Martínez)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: San Martiño de Mondoñedo. Os inicios do románico galego

A historia de San Martiño de Mondoñedo é longa, escura ou lendaria nos seus inicios pola escasa documentación existente, mais moi interesante e frutífera. Vinculada a persoeiros como san Rosendo ou a raíña Urraca, pasou por bastantes avatares evitando, moitas veces,  a ruína e exemplificando unha resiliencia teimuda que nin sequera desaparece cando estivo a punto de colapsar o edificio en época contemporánea. Aí, unha vez máis, rexurdiu chegando a nós do xeito que agora apreciamos. Quizais a súa situación rural, a perda de poder polo traslado da sé episcopal a Vilamaior de Vallibria (actual Mondoñedo), e, en xeral, máis o laissez faire, laissez passer que un verdadeiro interese xeral pola súa conservación ou supervivencia axudou a que sobrevivise ao paso dos séculos.
retratoAurelia Balseiro de Germán Limeres
CULTURA

Aurelia Balseiro: “San Martiño é un conxunto monumental abraiante onde podemos evocar a historia e a arte medieval galega”

Aurelia Balseiro é museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo desde 2008.  É autora da primeira das entregas deste coleccionábel sobre os tímpanos medievais. Hoxe falamos con ela sobre San Martiño de Mondoñedo, “un espazo marabilloso onde  se respira o cheiro do mar Cantábrico”.

Detalle da cabeceira e ábsidas do templo. (Foto: Sara Quintana Vilas)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Aciveiro, o estilo austero

A portada norte da igrexa do mosteiro de Aciveiro é a única románica que aínda conserva o conxunto. A súa decoración, lonxe dos complexos programas iconográficos doutras portadas, presenta unha ornamentación sinxela e sen grandes alardes técnicos baseada en motivos de tipo xeométrico e vexetal, que podemos atopar noutros exemplos da zona.
Sara Quintana
SOCIAL

Sara Quintana: "O Císter promoveu un tipo de vida afastada do luxo"

Sara Quintana Vila é historiadora da arte e profesora no Grado de Historia da Arte da UNED de Pontevedra. Prepara para Nós Diario os fascículos correspondentes a Santa María de Aciveiro, a Catedral de Ourense e Santa María de Tomiño. Conversamos con ela sobre Santa María de Aciveiro.
Porta románica. Foto José Antonio Gil Martínez CC BY 2.0
star
CULTURA

Tímpanos Medievais da Galiza: San Xoán de Caaveiro no libro da Natureza

En San Xoán de Caaveiro as ensinanzas de Cristo expresadas nos tímpanos competían co que Deus ensinaba a través da súa obra, competían coa Natureza. É imposíbel falar do artístico en Caaveiro sen ter moi presente o magnífico espazo no que se asenta. Busco as construcións monásticas no Google Earth e desde o aire apenas se destinguen, quedan afogadas entre bidueiros, ameneiros, carballos, castiñeiros e baixo eles todas as especies de felgos, fieitos, fentos ou folgueiras que son o mesmo pero que nós sabemos nomear de moitos xeitos.
Vilar de Donas-min (1)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Donas e Cabaleiros na comarca da Ulloa

Un priorado santiaguista cun frontispicio acompañado dun dos antepórticos máis singulares de toda a Galiza. En San Salvador de Vilar de Donas recíbenos unha morfoloxía acolledora que co seu tímpano cero fainos sospeitar que a principal misión deste templo de orixe monacal non se centra na función catequizadora e pedagóxica. Instálase na dignidade do representativo e conmemorativo que atesoura detrás da súa magnífica porta.
Porta Norte da Catedral de Lugo. (Foto: Lois Diéguez)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: "O xesto da palabra" na Catedral de Lugo

"A historia de Lugo é, despois dunha historia de romanos, unha historia de bispos”, lémbranos Celestino Fernández de La Vega na Enciclopedia Galega, tomando estas palabras do poeta Luis Pimentel. A Catedral, xunto coa Muralla romana, determinan a vida de Lugo desde a súa construción, e por suposto, a mesma Arte, con importante incidencia na Galiza e no mundo a través da Rota Xacobea tamén (Camiño Primitivo). O Lucus Augusti, no aspecto relixioso, coñécese como Cidade do Sacramento, pola prerrogativa de ter exposto o Santísimo Sacramento permanentemente. Lugo obtivo por dúas veces a declaración de Patrimonio da Humanidade: pola Muralla, en 2000, e pola Catedral e o Camiño Primitivo de Oviedo a Compostela, que pasa por Lugo, en 2015. 
Ventá da ábsida do templo, situado no concello de Pantón. (Foto: Paula Vázquez Verao)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: San Fiz de Cangas, refuxio eterno

O templo de San Fiz de Cangas, o que queda do antigo mosteiro feminino bieito do cal temos a primeira noticia en 1108, é testemuño do devir histórico desta parroquia pantonesa. Serviu de refuxio da eternidade a ricas familias que ao longo dos séculos foron facendo doazóns ao convento e de lugar de referencia cultual e de enterramento do campesiñado que a seguiu tendo como igrexa parroquial até o presente. Moi modificado, o edificio destaca pola súa amplitude, triple ábsida e cruceiro con torre.
Paula Vázquez Verao
Tímpanos medievais da Galiza

Paula Vázquez Verao “A erección dos mosteiros da zona débese á riqueza xerada polas rendas agrícolas”

Paula Vázquez Verao é graduada en Historia. Preparou para Nos Diario os fascículos sobre San Fiz de Cangas, que se publica mañá, e San Xiao de Lobios, que se publicará en febreiro. Falamos con ela sobre a primeira igrexa e o seu traballo titulado San Fiz de Cangas, refuxio eterno. 
Tímpano occidental da igrexa, que se atopa en Silleda. (Foto: Manuel Graña)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: San Salvador de Escuadro

A igrexa de San Salvador de Escuadro, no concello de Silleda, érguese con dignidade nun cómaro da comarca do Trasdeza. Rural, de orixe medieval e receptora de todas as influencias culturais, xeosociais e estilísticas que cabe agardar nun núcleo cerne dun territorio. Unha parroquia cativa e lonxeva que nos recibe con monumentalidade e tímpano simple no iconográfico, mais rico na plasticidade rítmica. 
San Paio de Dimondi-min (2)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: A imposta compostelá de Diomondi

Diomondi é unha aldea do Concello do Saviñao (Lugo), a 4 km de Escairón, a súa capitalidade. Entre verdes prados, máxicas carballeiras e extensións de monte baixo, sobre a encosta que baixa as ribeiras do Miño até Belesar, atópase un grupiño de casas á beira das cales se ergue con fachenda a igrexa de San Paio de Diomondi acaroada a un edificio de orixe medieval que foi palacio de verán dos bispos de Lugo. É riqueza e arte plena da escola compostelá do gran mestre Mateo, naqueles tempos ricos e creativos do reino da Galiza que construíu pola Ribeira Sacra outras igrexas románicas con volumes de catedral, con doazóns de personaxes como dona Senior, dominio real como o do rei Fernando II, Afonso VIII ou Fernando Odoáriz e a súa esposa Teresa Muñiz.
XXXXX
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Santa María de Cambre, innovación e tradición

As cousas, ben o sabemos,  non se desenvolven como as planificamos e a vida máis plácida pode verse afectada por xiros e cambios cos que non contabamos. Así aconteceu na construción de Santa María de Cambre, igrexa situada nunha tranquila vila medieval no camiño inglés de Santiago na que, tanto os patrocinadores como os mestres canteiros, van deixando a súa pegada condicionados polo momento pero respectando o que está feito dun xeito que non é frecuente. Trátase dun  exemplo de arquitectura viva, dinámica e con gran capacidade de adaptación.
Sansón e o león. (Foto: José Antonio Gil Martínez CC BY 2)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Santa María de Taboada dos Freires

A representación de Sansón abrindo os dentes a un león está presente na escultura románica europea desde Suecia até España. Un capitel da igrexa de San Isidoro de León amosa o heroe cun aspecto pseudo-clásico. Acredítanse na nosa terra sete tímpanos con esta temática. En Taboada, un mestre prolífico chamado Paio cicelouno con rudeza, mais seguramente co coñecemento da obra do mestre de Palmou (Lalín), directo discípulo do escultor de Praterías. 
Malia a falla de detalles como as cabeleiras de humano e animal, malia a dificultade de distinguir o cuadrúpede, o tímpano merece ser visitado neste recanto do corazón da Galiza. Porque aquí deixou a súa pegada un mestre de canteiros, que bebeu das fontes doutros creadores en contacto directo coa pegada compostelá. Nesta igrexa martelou, nun latín contaminado, a inscrición que descifrara Ben Cho-Shey: Pelagius magister.
Igrexa de San Miguel de Eiré, en Pantón. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: A rosa e o rostro en San Miguel de Eiré

O Mosteiro, como se lle chama popularmente á igrexa de San Miguel de Eiré, fica na parroquia do mesmo nome, a uns catro quilómetros de Ferreira de Pantón. Pouco antes de chegar aínda se ven os muros da que foi casa do avó de Ánxel Fole. Chámanlle Mosteiro porque este existiu realmente, xa no século XI, de freiras bieitas, mais nada queda del, a excepción da igrexa, que agora imos visitar. Enriqueceuno Afonso VII, o Afonso Reimúndez que coroara como rei da Galiza na catedral de Santiago o bispo Xelmírez, en 1110. Tamén tivo beneficios doutra dama da nobreza, Esclada Ordóñez Esclavaria, e documéntanse abadesas como Eldonza, María Pérez ou Aldara Fernández. En 1964 foi declarada Monumento Nacional. 
CULTURA

Lois Diéguez: “Por que non podemos pensar que en tanta obra e beleza feita no románico galego non podía haber mestras arquitectas ou escultoras?”

Lois Diéguez é escritor. Da súa ampla obra salientamos dous títulos que encaixan co obxectivo destes fascículos: Lugo, a cidade dos Tesouros encantados e Viaxe ás terras encantadas de Lemos .

Grande coñecedor da arquitectura relixiosa medieval, e da súa simboloxía, prepara para Nós diario os fascículos sobre San Miguel de Eiré, San Paio de Diomomdi e a catedral de Lugo. Falamos hoxe sobre as dúas primeiras.

timpano1301
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: San Martiño de Moldes

O home e a besta en loita dicotómica. Cadansúa representación do ben e o mal. A superioridade espiritual do ser humano feito a imaxe e semellanza divina. A submisión das bestas nunha sociedade fortemente agrarizada afeita a temelas ou amansalas. Na igrexa miúda de San Martiño de Moldes atopamos un maxín iconográfico que se inscribe na pedagoxía do arrepío, e que ben seguro axudaría os seus visitantes a colocarse no lugar moral axeitado. 
timpano1201
star
CULTURA

Tímpanos medievais da Galiza: Matriarcas

O granito sólido e elocuente da fábrica de Santa María do Azougue garda para nós aqueles códigos das biblias en pedra que eran os templos medievais. Un programa iconográfico que aínda que non nos chegase de todo completo e fose perdendo a policromía co paso dos séculos seguimos admirando e comprendendo. Igrexa que é edificio, pero que tamén é concepto, o de acubillo e benvida ao fiel. Comezando pola imaxe que nos recibe: a Virxe co Neno, a visita dos Magos cos seus cabalos e a Anunciación. A Epifanía da súa portada occidental.