Tímpanos medievais da Galiza: San Martiño de Mondoñedo. Os inicios do románico galego
A historia de San Martiño de Mondoñedo é longa, escura ou lendaria nos seus inicios pola escasa documentación existente, mais moi interesante e frutífera. Vinculada a persoeiros como san Rosendo ou a raíña Urraca, pasou por bastantes avatares evitando, moitas veces, a ruína e exemplificando unha resiliencia teimuda que nin sequera desaparece cando estivo a punto de colapsar o edificio en época contemporánea. Aí, unha vez máis, rexurdiu chegando a nós do xeito que agora apreciamos. Quizais a súa situación rural, a perda de poder polo traslado da sé episcopal a Vilamaior de Vallibria (actual Mondoñedo), e, en xeral, máis o laissez faire, laissez passer que un verdadeiro interese xeral pola súa conservación ou supervivencia axudou a que sobrevivise ao paso dos séculos.
O devir de San Martiño foi chave na historia medieval do norte galego e, actualmente, segue a considerarse unha das construcións románicas máis antigas do Reino de Galiza, con categoría actual de…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.