Tímpanos medievais da Galiza: A imposta compostelá de Diomondi
Diomondi é unha aldea do Concello do Saviñao (Lugo), a 4 km de Escairón, a súa capitalidade. Entre verdes prados, máxicas carballeiras e extensións de monte baixo, sobre a encosta que baixa as ribeiras do Miño até Belesar, atópase un grupiño de casas á beira das cales se ergue con fachenda a igrexa de San Paio de Diomondi acaroada a un edificio de orixe medieval que foi palacio de verán dos bispos de Lugo. É riqueza e arte plena da escola compostelá do gran mestre Mateo, naqueles tempos ricos e creativos do reino da Galiza que construíu pola Ribeira Sacra outras igrexas románicas con volumes de catedral, con doazóns de personaxes como dona Senior, dominio real como o do rei Fernando II, Afonso VIII ou Fernando Odoáriz e a súa esposa Teresa Muñiz.
Tímpanos . Os pequenos casais que abeiran a estrada secundaria (LU-P-5806) que leva directamente a Diomondi desde a principal (LU-617) que vén de Escairón, vannos acariñando os ollos con…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.