A constituínte chilena estuda unha iniciativa para "encarcerar" a Piñera
O Goberno de Piñera critica a política de diálogo de Boric para o Wallmapu
Último debate antes das eleccións en Chile con Kast e Boric liderando as enquisas
A primeira volta dos comicios presidenciais decorrerá este domingo na procura do substituto de Sebastián Piñera, que pode ser destituído polo Senado após vender unha empresa mineira nun paraíso fiscal cando xa era presidente en 2010.
O Congreso de Chile aproba a acusación para destituír o presidente nunha sesión maratoniana
Tras a aprobación da cámara baixa, o proceso de destitución chega ao Senado, que ten que aprobar por dous terzos os cargos contra Piñera para ratificar o final do seu mandato presidencial.
A 'Revolución dos 30 pesos' xa dá froitos
A dereita, sen veto na Constitución chilena
O presidente chileno, Sebastián Piñera, denunciado no Tribunal Penal Internacional
O ex xuíz Baltasar Garzón, canda a varias asociacións de dereitos humanos acusa o mandatario e varios ministros de crimes de lesa humanidade.
Conta atrás en Chile para o referendo constitucional
Piñera avoga por adiar de novo o referendo constitucional en Chile
Considera que a recesión económica "vai ser tan grande" que requirirá de todos os esforzos e que o calendario de eleccións xa é "moi intenso". O Frente Amplo levou a cabo este domingo, data prevista para a consulta, unha campaña nas redes sociais.
Rexorden as protestas en Chile e prevese un "marzo combativo"
Novo «Superlunes» en Chile a un mes do inicio das protestas contra o sistema
A CIDH comezou esta segunda feira unha visita de varios días ao país, no que xa están Human Right Watch (HRW) e a ONU, para investigar as denuncias contra as forzas de seguridade.
Nova xornada de protestas en Chile cun «Superlúns»
Ducias de miles de persoas, na maioría estudantes, manifestáronse de novo para esixir mudanzas estruturais nunha xornada na que se rexistrou un sismo de magnitude 6,3 na rexión central do país. Por outra banda, o presidente Sebastián Piñera dixo nunha entrevista que «non dimitirá».
Chile renuncia a organizar dúas cimeiras internacionais polas protestas
O Foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC) estaba previsto para o 16 e 17 de novembro, mentres que o cumio contra o cambio climático, COP 25, debía inaugurarse o 2 de decembro e estenderse até o 13 dese mes.
Chile: “Non é por 30 pesos, é por 30 anos”
Desde as 00.00 horas desta segunda feira, 28 de outubro, deixou de estar vixente o estado de emerxencia que durante dez días rexeu o país. Neste tempo, a mobilización nas rúas contra o presidente Sebastián Piñera foi constante. A pasada sexta feira, unha histórica mobilización obrigouno a recuar e anunciou o cesamento de todo o seu Gabinete ministerial. Mais as protestas continúan e as denuncias de violación dos dereitos humanos por parte dos militares e da Policía continúan. Falamos con dúas galegas que coñecen ben de perto o que alí está a acontecer.
“En Chile continúan a gobernar os militares e a policía”
A erupción do volcán chileno continúa tras unha semana de fortes protestas. A suba na tarifa do sistema público de transporte foi a isca que fixo prender as manifestacións e poñer contra as cordas o presidente Santiago Piñera, que a semana pasada decretou o estado de excepción e sacou o Exército ás rúas, mais o descontento na sociedade víñase acumulando de anos atrás. Falamos con Omar Contreras, exiliado na Galiza da ditadura chilena tras pasar polo cárcere, para debullar as claves do que está a acontecer nun país que se deu en coñecer como “a Suíza de América Latina”.