Xa foi iniciada a colocación dos elementos de sinalización, que inclúen marcadores do trazado e paneis informativos que vidulgarán información histórica, etnográfica e relixiosa da zona.
Neste artigo trataremos de amosar a experiencia dunha visita didáctica aos mundos da nosa insigne escritora Rosalía de Castro, e aos contextos vitais que tanto influíron nas súas obras. En ningún caso se pretende que esta experiencia sexa única, senón un intento de mostrar múltiples posibilidades de achegarse ao seu mundo e á súa obra. Estruturamos o presente artigo en dous apartados: posibles lugares a visitar e unha experiencia real con alumnado de 3º da ESO nunha xornada escolar (valedeira tamén para 1º de Bacharelato).
O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas.
O programa da actividade incluirá algunha visita adicional sorpresa que permitirá gozar dunha xornada nun entorno rural pouco coñecido e que garda múltiples ‘tesouros’.
Un roteiro por unha área de transición cara á montaña que o Courel pleno só imita polos grandes desniveis que o Lor provoca no seu percorrido medio e final, pero cuxo carácter montañoso é menos marcado.
Un roteiro na serra de Queguas que desde a fronteira con Portugal vai descendendo cara ao val da Limia dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Percorrer eses carreiros en épocas diferentes tamén nos permite apreciar os cambios que se producen na vexetación ao longo das estacións e ser sorprendidos pola descuberta de especies animais habituais.
Un roteiro panorámico, de contrastes entre zonas abrigadas e tranquilas e zonas de mar aberto, de areais recollidos onde o mar chega manso, e cantís expostos nos que as ondas baten constantemente, praias urbanas e praias que aínda conservan parte da súa natureza, e rochedos verticais.