redes

LINGUA

"A das sms ou das redes sociais non é lingua de mala calidade; só está adaptada a un contexto tecnolóxico''

Con Estefanía Mosquera Castro debullamos a unidade didáctica que propón o emprego do código lingüístico das sms ou dos whatsapp para enriquecer as aulas de lingua e literatura.

CULTURA

Fernández Paz dá pistas na rede sobre a súa próxima novela

O cosmonauta Yuri Gagarin será un dos seus personaxes. O escritor Agustín Fernández Paz estase a documentar sobre a súa próxima novela e comparte os datos nas redes sociais. 

SOCIAL

A vista da Audiencia Nacional nas redes: indignación, retranca e reivindicación de "denantes mortos que escravos"

Moitos comentarios en Twitter ou Facebook critican as visións ofrecidas pola fiscalía e a policía no proceso contra catro independentistas galego.

Xosé Luís Méndez Ferrín
CULTURA

Ferrín entregará o Premio Vidal Bolaño das Redes Escarlata

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín entregará o X Premio Roberto Vidal Bolaño das Redes Escarlatas ás persoas que manteñen o blog “De volta para Loureda”. O acto terá lugar o sábado 15 na Facultade de Filosofía de Santiago ás 12 horas.

Galiza

As redes sociais a sacarlle as cores ao presidente: #ExcusasFeijoo

Do “había neve” a a culpa “é do bipartito”, pasando polo “daquela eu non era do PP”. O HT #ExcusasFeijoo está a reunir na rede comentarios retranqueiros para denunciar a actitude do presidente con calquer tema que o prexudique. "Explicacións, non, mais excusas, as que queira"

Bandeira
DEPORTES

Convocan nas redes a encher Riazor de bandeiras galegas en resposta ao veto ás estreleiras de Valladolid

'O domingo 19 a Riazor, coa bandeira galega'.É o chamamento que se está a facer a través das redes sociais para levar ao estadio o símbolo nacional de Galiza como resposta ao acontecido en Valladolid, onde se requisaron as bandeiras galegas con estrela

Bretaña, breizh
INTERNACIONAL

Icann recoñece o .bzh e fai a Bretaña visíbel como país nas redes. Axiña, Galiza

O Icann (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) vén de recoñocer o dominio .bzh (de Breizh, Bretaña na lingua propia). Mais un país soberano na rede. E Galiza e o .gal? Axiña

Galiza

Sermos Galiza abre unha loxa na rede

Venderá a través de internet e con entrega a domicilio produtos propios e alleos

Galiza

Un ano na rede e 44 números na rúa!

Sermos Galiza sae máis unha semana á rúa co 25 de abril na capa. Após 2 anos do resgate a Portugal o Pacto de Agressao asinado coa troika deixa ao país veciño con máis paro, miseria e exclusión

.gal
LINGUA

Galiza será soberana na rede: o Icann aprobará o dominio .gal

Icann, a autoridade que supervisa o sistema de enderezos de rede, vai aprobar un bo lote de novas extensións, entre as que se atopa .gal. A asociación Puntogal tratará de que o dominio estea dispoñíbel na rede cara final do presente ano

Galiza

Convocan polas redes un escrache perante a residencia oficial de Feijóo

Este sábado ás 18.00 horas en Monte Pío. O chamamento que foi difundido a través das redes sociais leva por nome 'Negra sombra'. 

Galiza

"Non é digno para presidir @s galeg@s". Recollida de sinaturas nas redes pedindo a demisión de Feijóo

As fotos do presidente da Xunta con Marcial Dorado indignan a unha gran parte da cidadanía galega. En Change.org vén de se abrir unha recollida de sinaturas para pedir a Núñez Feijóo que demita. “Porque non é digno para presidir o goberno de todos e todas as galegas”

Agustín Fernández Paz
CULTURA

A literatura infantil e xuvenil móvese na rede

No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a editorial Kalandraka conmemora o seu 15 aniversario anunciando que pon a andar un novo sistema de venda online polo que os seus libros se poden mercar en calquera lugar do mundo. Botamos unha vista á rede para atopar a LIX galega en movemento. 

Imaxe do Video Marcador de Riazor
DEPORTES

As redes sociais tamén xogan #onosoderbi

Os xogadores do Depor e o Celta con conta en Twitter non entran a falar do derbi de hoxe. Hai unha excepción, a de Insúa e un misterioso “que vén un palizón... Jaja”

Do Papa arxentino ás redes sociais

Habemus Papam. Ou quizais máis que “habemus” habería que dicir “habent” porque non todos nos consideramos pertencentes a Igrexa Católica Romana. E sen embargo todos e todas opinamos, discutimos e falamos desta organización.
Cuadrinho Carlos Latuff
INTERNACIONAL

As redes ecoan episodios do pasado do Papa Bergoglio que o asocian coa ditadura de Videla

Após anunciarse o nome do novo Papa, as redes sociais ferveron divididas entre os apupos e apoios a quen xa é xefe de Estado do Vaticano e unha das persoas máis influíntes do mundo. Para alén de se converter no primeiro latinoamericano en sentar na cadeira de Pedro, a figura de Bergoglio --convertido xa en Francisco I-- atópase envolta entre polémicas declaracións, non por ende impropias da curia e un pasado que o vencella coa ditadura de Videla.
SOCIAL

Toni Cantó fai ferver as redes sociais coa súa apoloxía do machismo

O deputado de UPyD retoma o termo 'violencia doméstica' e di que "un terzo das mortes son homes", que "a maior parte das denuncias son falsas" e que "hai españois con penas de seis meses de cadea por dicir ás súas mulleres 'vai á merda'"
Salva Ballesta
DEPORTES

Parabéns das redes sociais ao Celta por non fichar Ballesta

Foron as que comezaron coa crítica á posíbel contratación do ultradereitista como segundo treinador do Celta e logo as que continuaron o debate coa nova de que non viría a Vigo.
Galiza

E Radio Sermos volve bourar!

Porque, como di Xurxo Souto, en materia de creatividade a Galiza é o centro, non a periferia, a música galega e en galego volve ás nosas ondas. 
Dani, GZMúsica
CULTURA

A rede soa en GZMúsica

Desde hai case un ano, GZMúsica ofrece na rede unha plataforma para nos achegar á actualidade da nosa música. Axenda, informacións e descargas para estar ao día no que soa.