#FeijooPagaLaNieve, trending topic

"Creo que non fun a Andorra, non o sei. Eu lembro que había neve". O xogo de palabras que, sen pretendelo, fixo o presidente da Xunta durante a comparecencia para explicar as viaxes co narcotraficante Marcial Dorado é 'tema do momento' na rede social Twitter. Perguntado pola imprensa, Feijóo non deu esclarecido quen pagaba as viaxes, se el ou se o narco.


O xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, compareceu esta segunda feira no local do grupo parlamentar do PPdG en calidade de presidente desta formación política para insistir na súa versión de que as fotos en que sae acompañado do contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado responden a unha tentativa de o "amedrentar".

Cando lle preguntaron polas viaxes que realizara en compaña do capo arousán, primeiro dixo que fora el quen informara a El País de que estivera en Andorra, destino habitual para operacións de blanqueo de diñeiro. Porén, despois dubidou: "creo que non fun a Andorra, non o sei. Lembro que había neve. Debían ser os Picos de Europa".

As moitas acepcións da palabra neve e a condena de 14 anos que cumpre Dorado en prisión ao responsabilizar dun cargamento de seis toneladas de cocaína desataron o enxeño d@s usuari@s da rede social Twitter: o hastag #FeijooPagaLaNieve xa é trending topic. Eis aquí unha escolma de dez dos chíos que se refiren á comparecencia de Feijóo perante a imprensa:
 

@sidyiye "Resulta que agora para Feijóo a Operación Nécora é unha festa gastronómica"

@ORebote "Se o único que sabe seguro é que había neve tamén podía ser Colombia"

@Heriasss "Os tolos 33 de Feijóo. A esa idade todos nos temos pasado da raia"

@Comunase "O narco pide perdón por ser amigo de Feijóo. 'Daquela non parecía do PP e eramos novos'"

@carlosmeixidefl "Cando es novo é normal confundir 'aspirar a todo' con 'aspirar todo'"

@riclemente "Que saibades os usuarios deste hastag que por volta das 20h xa seredes ETA"

@nuelinha23 "Neve, neve, neve... som eu a única que ve o mal espalhada que leva Frijolito a crema no lombo?"

@HeitorReal "O Feijoo foi ó muiño e veu cheo de fariña. El muiñeiro non é... que diaño de home teño, a quen se me arrima"

@riclemente "Señor Dorado, demita. É vostede a deshonra do narcotráfico. Vostede foi amigo dun político"

@Tawil "Dorado, rei, quando pos esse banhador as tuas propriedades som notórias..."
 

Comentarios