Parabéns das redes sociais ao Celta por non fichar Ballesta

Foron as que comezaron coa crítica á posíbel contratación do ultradereitista como segundo treinador do Celta e logo as que continuaron o debate coa nova de que non viría a Vigo.

O hashtag en Twitter #OCeltismoNonQuereASavaBallestaEnVigo comezou a protesta d@s seareir@s do Celta contra a chegada do ultradereitista Salva Ballesta como segundo treinador de Abel Resino e as mesmas redes están a agradecer que agora non veña a Vigo. 

Algúns chíos resumen o sentimento do celtismo, como o de @eduventorrillo que di "parabéns ao celta e os celtistas qu "impediron" qu un radical como Salva Ballesta fiche polo celta, as críticas d Madrid, viven no seu mundo". 

A crítica ideolóxica do posicionamento de Ballesta tamén pasou por Twitter e Bruno Lopes Teixeiro (@BrunoLTeixeiro), responsável Nacional de Organizaçom de NÓS-Unidade Popular, dicía no seu perfil que "como galego e deportivista orgulhoso do celtismo. Salva Ballesta na Galiza nom te queremos!" ou @paulopadin que comenta que "Um fascista sempre dá má imagem. Seja Salva Ballesta ou qualquer outro".

Rafa Cuiña (@Rafiklalin), de CxG, deixaba a frase "Salva Ballesta é ao Celta o que o novo Papa á igrexia segundo Nostradamus" e Carlos Vázquez Padín (Converxencia XXI) comentaba "parabéns ao #Celta por non contratar a #Ballesta, non da o perfil para o traballo, é unha cuestión de boa xestión de RRHH".

O debate chegou a outros lugares do Estado e mesmo a Plataforma ProSeleccions catalanes (@SeleccionsCAT) falaba desde o seu perfil "Os seareiros do Celta impiden a fichaxe de Salva Ballesta, o futbolista que atacou a vascos e cataláns"

Comentarios