Ana Pontón, a primeira candidata á Presidencia da Xunta en votar
[ACTUALIZADA ÁS 14.12H] Ana Pontón, a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, foi a máis madrugadora á hora de votar. Fíxoo, ás 10.30h, no CGAC. Media hora máis tarde votaba en Compostela o candidato do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga; tamén o de En Marea, Luís Villares, desde Lugo, e a cabeza de lista de Ciudadanos, Cristina Losada desde Vigo. O candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, fíxoo ás 12h en Vigo e o de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, votará ás 12.30h, na Baña.