Un ex-ministro de Suárez e un ex-presidente do TC aspiran á presidencia de Pescanova

A xunta de accionistas da pesqueira ten lugar o 12 deste mes, e estes tres nomes, xunto co dun ex-presidente da potente construtora FCC, saen á luz como candidatos

 

Pescanova
photo_camera Pescanova

O ex-presidente de  Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), Baldomero Falcones, o ex-ministro de Adolfo Suárez, José Manuel Otero-Novas e o ex-presidente do TC, Alvaro Rodríguez Bereijo, perfílanse como posíbeis presidentes de Pescanova en substitución de Manuel Fernández de Sousa, que demitiu do seu cargo en xullo.

Estes tres nomes son os candidatos a presidir a pesqueira na proposta do consello de administración da empresa presentada polo fondo estadounidense Cartesian e aAsociación Española de Accionistas Minoritarios (Aemec).

Nesta proposta, integrada por 14 ou 15 conselleir@s, os promotores avogan por un consello de administración integrado por independentes, “que xere confianza na compañía e que non esté composto por ningún membro do actual consello”.

Nesta lista estarían nomes coma o expresidente de NH Hoteles e SOS Cuétara Mariano Pérez Claver; opresidente de Ezentis, Manuel García Durán; o expresidente de KPMG Jesús Peregrina, a excomisaria de Asuntos Exteriores da UE Benita Ferrero-Waldner; oexministro Pío Cabanillas; entre outros

Comentarios