plurilingüismo

LINGUA

O Supremo rexeita o recurso da RAG sobre o decreto que reduce a presenza do galego

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta e reafirma nos seus aspectos básicos o fallo do Tribunal Superior de Xustiza galego en relación ao decreto que limita a presenza do galego no ensino.

Bretaña, breizh
LINGUA

A Asemblea nacional de Francia inicia o (longo) camiño para recoñecer o plurilingüismo

A cámara aprobou unha proposición para incluír na constitución gala a posibilidade de ratificar a Carta europea de linguas rexionais e minoriotarias (Celrm), o que permitiría abrir a porta á idiomas coma o bretón, o euskara ou o corso, entre outros. Mais queda moito camiño por percorrer para atinxir isto.

SOCIAL

A Xunta ten un mes para acatar a sentenza que ilegaliza parte do decreto plurilingüe

É o prazo que dá o TSXG en resposta a un requerimento da CIG-Ensino e da Mesa. Para ambos colectivos, o único xeito de acatar o fallo é derrogar o decreto plurilingüe. O Superior galego advirte que da desobediencia derivarán multas ou responsabilidades penais.

Xosé Luís Méndez Ferrín
CULTURA

A RAG pide a anulación total do decretazo no Supremo

Despexada a incógnita. A RAG si leva o decreto do galego ao Supremo. A Academia vai presentar un recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que só estimaba en parte os argumentos da institución. O TSXG anulaba dous artigos do decreto, o que a RAG considera insuficiente. No seu recurso perante o Supremo pide a anulación completa do decreto de plurilingüísmo. A RAG podería, sen embargo, retirar o recurso se a Xunta accede a negociar o decreto e comprometerse nun cambio de rumo nesta materia. A decisión de presentar o recurso foi tomada pola unanimidade das persoas que compoñen o plenario.
Charo Álvarez, do ILG, e Ramón Villares, do CCG
CULTURA

O ILG súmase ao Consello da Cultura e nega ter presionado á Academia

O Instituto da Lingua Galega nega ter presionado á Academia para que retirara o recurso contra o decreto do plurilingüismo como denunciou o secretario da institución, Xosé Luis Axeitos. O ILG ven de facer público o comunicado un día despois de que o Consello da Cultura Galega se posicionara no mesmo sentido.
LINGUA

Maré de reaccións contra o recurso da Xunta ao Supremo para salvar o 'decretazo'

Organizacións políticas, sindicais ou cidadás amosan o seu rexeitamento á decisión da Xunta de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo para intentar enmendar o lapote que lle deu o TSXG ao seu decreto de 'pulrilingüismo'
Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta
Galiza

A Xunta persónase no Supremo para salvar o decreto de plurilingüismo, rexeitado masivamente nas rúas

Dous días despois de que unha maré reclamase en Compostela o dereito ao ensino en galego, a Xunta dá un novo golpe na mesa personándose no Supremo “para ter opción a recorrer as sentenzas do TSXG sobre plurilingüismo”.

A derrogación do Decreto de Plurilingüismo: unha necesidade urxente para o futuro do idioma

O día 22 de novembro comezaron facerse públicas as sentenzas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditou en base aos recursos presentados por varias entidades. Catro son as sentenzas ditadas até agora, as suscitadas polos recursos presentados pola Mesa, por Queremos Galego e pola CIG-Ensino, integrante da plataforma Queremos Galego desde onde colabora activamente na promoción de todas as mobilizacións que se convocaron nestes anos.
Queremos galego
LINGUA

A Xunta desoe a sentenza e di que seguirá adiante coas consultas ás familias

Segundo a consellaría de Educación e ordenación universitaria, a sentenza publicada polo TSXG "constata a legalidade dos principios en que se basea o Decreto 79/2010", malia que anula as consultas ás familias sobre o uso do galego no ensino.

Cabo Jóm e Body Milk (leccións de plurilingüismo)

Hai xa moitos anos, cando aínda nos podiamos permitir o luxo da inxenuidade, algúns cidadáns deste país mesmo chegamos a acreditar que os grandes magnates do mundo empresarial tiñan a ben concederlle á nosa lingua un oco digno no andel da modernidade: foi así que, parviolos ilusos, visitamos por primeira vez os establecementos de Zara Home coa esperanza de atopar dentro un catálogo de prendas de vestir masculinas con etiquetaxe