Manuel Rivas pídelle a Ferrín que esgote o seu mandato

O escritor Manuel Rivas pídelle a Ferrín que remate o seu mandato e baralla a posibilidade de abandonar a Academia. En declaracións a La Voz de Galicia, lamenta a situación “catastrófica” na que a demisión do presidente deixa á RAG.
Manuel Rivas
photo_camera Manuel Rivas


Manuel Rivas vén de saír en apoio de Xosé Luís Méndez Ferrín a quen lle pide que esgote o seu actual mandato, en declaracións feitas ao diario La Voz de Galicia. Rivas afirma que a situación na que fica a Academia, caso de Ferrín marchar, difire á que se daba cando el leu o seu discurso de entrada co cal está a  repensar se quedar ou abandonar a institución. Fala Rivas de cainismo e de desproporción entre a polémica e as súas consecuencias.

A entrada de Manuel Rivas na Academia supuxo a resposta a unha forte demanda do mundo da literatura que quería ver sentado en Tabernas ao escritor máis lido da nosa literatura. Con Ferrín na Presidencia, Rivas aplaudiu e participou como poucos nun acontecemento que será lembrado como un dos fitos nos tres anos do escritor ao fronte da RAG, a dedicación do Día das Letras Galegas a Lois Pereiro, compañeiro de xeración e amigo persoal do autor de As voces baixas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios