A Asemblea nacional de Francia inicia o (longo) camiño para recoñecer o plurilingüismo

A cámara aprobou unha proposición para incluír na constitución gala a posibilidade de ratificar a Carta europea de linguas rexionais e minoriotarias (Celrm), o que permitiría abrir a porta á idiomas coma o bretón, o euskara ou o corso, entre outros. Mais queda moito camiño por percorrer para atinxir isto.

Mapa-frances-web

Na campaña electoral de 2012 o candidato socialista poñía como compromiso electoral a ratificación da Carta Europea das Linguas (Celrm). Un documento que fora asinado en 1999 por outro socialista, Lionel Jospin mais que está pendente de ratificación. Cuestión que non é menor nun país cun centralismo xacobino e republicano como Francia. Ratificar esta carta obriga a unha serie de medidas e actuacións de recoñecemento e protección de idiomas propios dos territorios baixo administración de Paris. Por exemplo: bretón, euskera, corso, catalán, alsaciano... E é máis: convertiría esas linguas en oficias nos seus respectivos territorios, somo apunta Nationalia.

De feito, e a finais de 2012, a Comisión de leis constitucionais de Francia advertía que para ratificar a Celrm era preciso modificar a constitución. E para iso é mester tres quintas partes dos parlamentarios franceses. Nestes días a Asemblea Nacional votou unha proposición non de lei para abir as portas ao longo camiño de recoñecer o plurilingüismo. 361 deputad@s votaron a favor por 149 en contra.

A grandes rasgos, a esquerda votou favorabelmente mentres a dereita escolleu oporse. Porén, houbo parlamentares de dereita bretóns e alsacianos que non seguiron a disciplina de voto e apoiaron a proposición.

Senado

Esta proposición pasa agora ao Senado. De pasar tamén esta peneira, o goberno terá entón a posibilidade de asumila e, se así quixer, reelaborala, modoficala, acrescentala, enrioquecela, recortala... e o resultado diso someterase á aprobación do Parlamento franc´ñes reunido en congreso (é dicer, Asemblea Nacional máis Senado).

Será entón cando esa maioría de 3/5 se fará imprescindíbel. E de se aprobar finalmente na cámara a proposta, esta non será de obrigado cumprimento para o executivo francés. É máis, a propia ministra de Cultura, Aurélie Filippetti , recordaba que Francia só asina 39 das 98 medidas incluídas no texto.

Así pois, os primeiros pasos para o recoñecemento do plurilingüismo en Francia están a darse, mais o camiño é, advirten defensores dos idiomas minoritarios, moi longo e tortuoso, con dificultades e que requerirá paciencia, habilidade e grandes doses de diálogo 

Comentarios