Pedro Madruga

Restos da fortaleza da Frouxeira onde Pardo de Cela resistiu o cerco castelá.
MEMORIA E HISTORIA

1.500 galegos exiliáronse no século XV en Bretaña e Portugal para fuxir da represión dos Reis Católicos

O 17 de decembro de 1483 Pardo de Cela era degolado na praza da catedral de Mondoñedo por orde dos Reis Católicos. O seu asasinato é un caso paradigmático da dura represión exercida por Castela contra Galiza para derrotar a revolución galega do século XV.

Torre de Tebra desde o leste, publicada en ‘Los Pazos Gallegos’ polo Marqués de Quintanar en 1928. Na foto apréciase o engadido barroco ao sur da torre, eliminado nos anos seguintes.
'30 castelos para descubrir un reino'

Tebra, en Tomiño: o castelo tomado por Pedro Madruga no Baixo Miño

A Torre de Tebra está situada a unha altitude de 100 metros sobre o nivel do mar dominando o vello camiño medieval que atravesaba o val de Tebra cara a Baiona. A case sete quilómetros do río Miño a torre vén sendo herdeira de vellas fortificacións fronteirizas polo seu control visual sobre o territorio raiano, mais tamén resulta ser testemuña do castelo construído por Pedro Madruga durante as guerras señoriais do século XV.
[Imaxe: SG] Cristovo Colón
MEMORIA E HISTORIA

Son Pedro Madruga e Cristovo Colón a mesma persoa?

O arcebispado de Compostela vén de autorizar a apertura da tumba de Xoán Mariño de Soutomaior, soterrado na igrexa de Sobrán de Vilagarcía e ligado familiarmente a Pedro Álvarez de Soutomaior. O obxectivo dos investigadores é estabelecer a relación entre este último e Cristovo Colón.

Fortaleza de Pedro Madruga, en Soutomaior. (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

A loita de Pedro Madruga contra Castela

Foi un dos tres grandes Pedros da revolta galega contra Castela das décadas finais do século XV. Mentres Pardo de Cela ergueu o norte galego até morrer decapitado en Mondoñedo en 1483 e o conde Lemos bateu o ferro no centro até deixar o relevo ao seu fillo/neto Rodrigo, Madruga pelexaba no sur ás tropas dos Reis Católicos. Os tres a un tempo, como cabezas dun movemento nacional e popular, defenderon unha Galiza non subordinada a Castela porén ningún como Pedro Álvarez de Soutomaior, para nós Pedro Madruga, estivo tan cerca da vitoria.
Sepulcro_de_Sueiro_Gomes_de_Soutomaior
MEMORIA E HISTORIA

O martirio esquecido de María Gómez

María Gómez de Soutomaior foi outra mártir da rebelión galega contra Castela do século XV. Irmá de Sueiro Gómez de Soutomaior e curmá de Pedro Madruga, exemplifica aquela nobreza que apostou por unha Galiza de seu, arredada de Castela, unida a Portugal e virada cara aos pobos do Atlántico.