PAC

Tractorada decorrida a pasada terza feira en Ourense. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Agora

Bruxelas propón relaxar requisitos ambientais da PAC para aliviar a carga burocrática ás granxas

A Comisión Europea propuxo esta quinta feira relaxar algúns dos requisitos medioambientais da Política Agraria Común (PAC) que deben cumprir as explotacións agrogandeiras para aliviar a carga administrativa que deben soportar, buscando aplacar as mobilizacións que afloraron no sector a case catro meses das eleccións europeas. Bruxelas materializou así o que xa avanzou a presidenta do Executivo comunitario, Ursula von der Leyen, quen a comezos de febreiro dixo que traballaría xunto á Presidencia do Consello, que corresponde a este semestre a Bélxica, nunha rebaixa da presión burocrática para o sector agrogandeiro. O plan é modificar estas normas antes de mediados de marzo para garantir que os agricultores non se vexan penalizados.
Gandeiras e gandeiros dirixíndose onte ao Edificio administrativo da Xunta da Galiza, en Compostela, cos seus tractores (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

Volven as tractoradas en demanda de solucións ante a nova PAC

As mobilizacións do agro galego chegaron onte a varias cidades e vilas do país convocadas polo Sindicato Labrego Galego (SLG), a Asociación Agraria da Galiza (Asaga) e Unións Agrarias (UUAA). Reivindican menos burocracia e adaptar as obrigas da Política Agraria Común.
Explotación gandeira galega (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

A burocratización alimenta o descontento do sector agrario galego: "Xerará gastos inasumíbeis"

As organizacións agrarias galegas convocaron para hoxe varias mobilizacións e tractoradas por todo o país. Entre as principais reivindicacións figura a eliminación do que consideran "excesiva burocratización" e a adaptación das normas da nova PAC á realidade do campo galego.
Tabarés, Seara, Pontón e Presas, esta cuarta feira, en Ourense. (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón comprométese a defender o rural con prezos "xustos" para produtores e con menos burocracia

A candidata do BNG volveu pedir a Alfonso Rueda que “non se esconda” dos debates

Produtores e gandeiros, esta curta feira, en Ourense. (Foto: Rosa Veiga)
TRABALLO

A tractorada continuará até a quinta feira en Ourense após reunirse gandeiros co subdelegado do Goberno

Prevén levantar a protesta con motivo do entroido a fin de semana.

Bloqueo da autoestrada A1 no seu camiño a París cos tractores, a terza feira. (Foto: Matthieu Mirville / ZUMA Press Wir / DPA)
INTERNACIONAL

As protestas labregas levan a UE a limitar as importacións de Kíiv e flexibilizar a PAC

Bruxelas contesta ás mobilizacións das labregas e labregos en distintos Estados da UE aceptando varias reivindicacións, un día antes da tractorada prevista na capital belga en paralelo á xuntanza do Consello Europeo.
Os representantes da Fruga, Elías Somoza e Manuel Dacal (Foto: Nós Diario).
Agora

A Fruga demanda que a PAC só beneficie as persoas dadas de alta na Seguridade Social agraria

A Federación Rural Galega (Fruga) destacou que a Galiza é a única autonomía do Estado na que "todas as persoas beneficiarias" da Política Agraria Común (PAC) "son cotizantes da Seguridade Social agraria". Neste sentido, o sindicato criticou esta terza feira que no resto de autonomías "as persoas beneficiarias incumpren esta condición" na campaña da PAC de 2023.

Deste modo, a Fruga reclamou que se corrixa esta "anomalía" por parte das Administracións, emprazando á Xunta da Galiza a dirixirse ao Goberno do Estado español para que a PAC recaia "exclusivamente sobre todas aquelas persoas que poidan demostrar a súa condición de agricultor ou agricultora a título principal, profesional ou activo agrario mediante a alta na Seguridade Social Agraria".

Desta maneira, segundo defendeu o sindicato agrario, as persoas solicitantes "que non acrediten estar dadas de alta na Seguridade Social agraria quedarían excluídas, dándose a posibilidade de acrecentar os importes para cobrar por parte das persoas que si demostran a súa condición de profesionais do sector agropecuario".

Explotación agraria galega (Nós Diario).
SOCIAL

O Sindicato Labrego Galego denuncia que a Xunta "aínda non pagou a PAC de 2023"

Explican desde o SLG que até o de agora os pagamentos equivalentes cobrábanse "sempre" no mes de decembro, algo que en 2023 non aconteceu segundo aseveran.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Agora

O Sindicato Labrego Galego acusa o Goberno galego de non pagar as axudas da PAC

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou esta segunda feira que a Xunta da Galiza "non só non adiantou as axudas da Política Agraria Común (PAC), senón que as granxas nin sequera cobraron este mes". Neste sentido, a organización lembrou que a Xunta anunciou a mediados do mes pasado que a Galiza "ía estar entre as primeiras autonomías en pagar os anticipos das axudas da PAC e mesmo se aventurou a alardear de que o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) realizaría o pagamento de 70% da axuda total no anticipo e de 90% nas axudas do saldo [por ecorréximes]", reprobou o SLG. "Chegado decembro, constatamos que, unha vez máis, asistimos á instrumentalización dos medios de comunicación por parte do Goberno galego con fins propagandísticos, á vez que dá unha falsa imaxe de apoio ao sector primario", sentenciou o sindicato agrario. Como réplica ao sindicato agrario, o Goberno galego defendeu onte que xa abonou case 44 millóns de euros en outubro e novembro en concepto de achegas da PAC. Ademais, engadiu que nesta semana vaise iniciar o pagamento doutros 96 millóns de euros máis.
Un home realiza traballos agrícolas en Abadín, na Terra Chá (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

As explotacións agrogandeiras tan só percibiron 30% dos anticipos da PAC

Unións Agrarias responsabiliza a Xunta da baixa entrega dos adiantos.
Leticia Moaña 2_n
SOCIAL

Cen semanas de mobilización en Moaña para recuperar as urxencias sanitarias

A veciñanza de Moaña (O Morrazo) non se rende na súa loita pola recuperación das urxencias sanitarias na localidade, suprimidas en 2020 "coa coartada" da pandemia. 100 semanas despois do comezo das mobilizacións pola recuperación deste servizo prepárase unha nova protesta.

Vacas nunha gandaría de lácteo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Os adiantos das axudas da PAC, por baixo da contía de 70% aprobada por Bruxelas debido ás demoras da Xunta

O Estado español solicitou á Comisión Europea que se puidesen realizar adiantos das axudas da PAC de até 70% do importe, algo que o Executivo comunitario aceptou. Porén, os problemas derivados da demora da Xunta nos prazos, impiden a adxudicación de toda a contía. En consecuencia, o sector agrogandeiro terá que agardar para ingresar diñeiro ao que xa podería acceder.
Un agricultor traballa a terra co arado tradicional (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

SLG e UUAA denuncian perdas que alcanzan 28% nas axudas agrarias da PAC

A mala tramitación custará 5 millóns de euros ás explotacións galegas.
Vacas leiteiras (Foto: Countrypixel).
ECONOMÍA

O Sindicato Labrego Galego critica Medio Rural por "lastrar" o proceso de solicitude da PAC

O SLG denunciou as "múltiples deficiencias e inexactitudes" provocadas pola Consellaría

A veciñanza de Moaña (O Morrazo) leva 80 domingos consecutivos mobilizándose para exixir a recuperación de servizos médicos na vila. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

80 semanas consecutivas en defensa da sanidade pública de Moaña: "Non nos imos render"

"Non reclamamos nin máis nin menos: pedimos o mesmo nivel de atención que tiñamos hai tres anos"

Explotación gandeira (Foto: SLG)
star
ECONOMÍA

As axudas Impacto Autónomo exclúen as explotacións agrarias con menos recursos

O requirimento da Xunta da Galiza ás explotacións agrarias consistente en superar os 10.000 euros anuais de beneficios para poder acceder ás axudas destinadas a paliar a suba de custos das e dos autónomos tradúcese na imposibilidade de moitas explotacións, incluídas todas as de carne de gando di o SLG, de acceder a estes fondos públicos. 
Concentración fronte ao Parlamento esta terza feira na defensa da ILP. (Foto: César Arxina / Europa Press)
star
SOCIAL

O PP tomba a iniciativa lexislativa popular en defensa da Atención Primaria

O PP non deu oportunidade á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) presentada por SOS Sanidade Pública en defensa da Atención Primaria. Os populares rexeitaron no Parlamento dotar os centros de saúde de máis médicas, de recuperar a atención presencial e de reducir as listas de agarda.

Protesta do sector primario esta terza feira en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

400 tractores e 20 vacas toman as rúas de Lugo en protesta polos 'prezos baixos'

Os gandeiros e as gandeiras aseguran que están a cobrar ao redor de 5,60 euros por quilo, cando din que producir cústalles uns 7 euros.

O director xeral de Gandaría da Xunta, José Balseiros. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

"O BNG non fai máis que escribir bobadas", di o director xeral de Gandaría sobre a PAC

"Reafírmome nas miñas manifestacións. Esta iniciativa non hai por onde collela", reiterou José Balseiros, ao tempo que acusou a formación nacionalista de dicir "o que lle peta".
A normativa acompaña o Plan estratéxico para a aplicación no Estado español da Política Agraria Común (Foto: Chayakorn).
ECONOMÍA

Entra en vigor un novo decreto que regula o benestar animal nas granxas

A normativa impón valores de densidade de animais nas explotacións.