outono

As propostas editoriais para setembro non se deixan frear polo coronavirus.
A industria non se detén ante a pandemia

Setembro inaugura un outono editorial anómalo, mais ateigado de novidades

As principais editoriais galegas xa deixan ver as súas achegas de cara a este outono marcado polo contexto extraordinario, con moita presenza do ensaio e das novidades para a cativada. Destaca na narrativa o último de Antón Ribeiro Coello, 'O paraíso dos inocentes' (Galaxia), premio Torrente Ballester; unha nova liña de ensaio da editorial Xerais ou a vindeira publicación dun libro de crónica sobre a relación de Lorca con Compostela. Descubre os libros que veñen!
ASINA A CONTANDO ESTRELAS
Sermos320

Tempo dos defuntos, os magostos e outras variantes importadas

O arqueólogo e museólogo Felipe-Senén escribe sobre o Samaín, que en gaélico significa encontro, reunión do presente co pasado, dos de antes, as persoas devanceiras coas de agora. Pon a ollada nas festas agrarias de outono, que fechan o ciclo. Eis un extracto da peza publicada no número 320 de Sermos Galiza.

As vivas presenças de outono

O tempo en mudanza, as paisaxes tamén, proclamando extraordinarias melodías nese ruxir de follas caídas

[Imaxe: Youtube] Naomi Shelton
Ás 21h na Sala Capitol

O Outono Códax Festival fecha a súa quinta edición

Naomi Shelton, The Soul Jacket e Juan Zelada poñen fin á quinta edición do Outono Códax Festival esta noite en Compostela (a partir das 21h na Sala Capitol).

naomi-shelton
CULTURA

A diva do soul Naomi Shelton pecha o Outono Códax Festival

Shelton é unha das grandes do xénero e actuará por vez primeira en Galiza acompañada polo seu coro, The Gospel Queens, e a súa banda, na que destaca o histórico baixista de James Brown, Fred Thomas. 

sede_RAG
CULTURA

Paseos pola Coruña literaria, nova iniciativa da AELG

Este outono a AELG pon en marcha esta iniciativa da man de escritores como Dores Tembrás, Pedro Feijoo e Felipe Senén.

Outono cedo de gaitas ou o preacordo cupular prefabricado

Outono cedo de gaitas/ moceiro de ledas choivas/ meu nemigo!. cantigava o poeta neotrovadoresco

David_Hooper
CULTURA

Volve o mellor da música negra co Outono Códax Festival

Regresa a Compostela para consolidarse xa como unha das opcións máis interesantes da 'reentrée' outonal e expándese por primeira vez fóra de Galiza. É o Outono Códax Festival, que estará con nós tres sábados consecutivos (19 e 26 de setembro, e 3 de outubro, na Sala Capitol) e o 2 de outubro en Xixón.

naomi shelton
CULTURA

O Outono Códax conmemora a quinta edición coa gran Naomi Shelton

O Outono Códax preséntase con ansia de conmemorar a súa curta mais sólida traxectoria coa que será a súa quinta edición. O encontro de música negra festexa contar coa gran Naomi Shelton, David Hooper ou The Gospel Session, coa voz de Michelle David, no cartel da súa nova edición. 

xabierdiaz
CULTURA

Xabier Díaz adianta “Cantiga da montaña” á espera do novo disco “The tambourine man”

A canción pode xa descargarse en plataformas dixitais e o seu videoclip está disponíbel en Youtube e Vimeo. Xabier Díaz adianta “Cantiga da montaña” do seu novo disco The tambourine man que verá a luz en outono. VIDEOCLIP NO INTERIOR.

DESEMPREGO OUTUBRO

O paro rexistrado aumenta co comezo do outono

Galiza rexistra 244.044 persoas desempregadas no mes de outubro, 5.841 máis que hai un mes. 

Hannah Williams
CULTURA

O Outono Códax despídese con Ray Gelato, Hannah Williams e Mad Martin

O “rei do swing”, a voz do soul británico e o trío galego de rock clásico pechan unha edición na que o Outono Códax Festival ofreceu o mellor da música negra.

Irma Thomas
CULTURA

O Outono Códax trae a Compostela a voz de Irma Thomas, a gran diva do soul de Nova Orleáns

Gañadora dun Grammy e grande diva do soul e o rhythm&blues, Irma Thomas chega a Compostela para participar do Outono Códax Festival cun concerto o sábado 27  na Sala Capitol. 

.
CULTURA

O soul funk de Sonny Knight abre un Outono Códax con Irma Thomas como estrela

Cita obrigada para amantes de soul, funk, rock ou r&b o Outono Códax Festival abre a súa programación este sábado co soul funk de Sonny Knight&The Lakers. Os portugueses TT Syndicate e os galegos The Lakazáns estarán tamén na primeira xornada do festival.

Irma Thomas
CULTURA

Irma Thomas, a grande voz do soul, brilla no cartel do Outono Códax 2014

Só a presenza da grande voz de  Irma Thomas abondaría para confirmar o Outono Códax como o gran festival de referencia do soul. Mais canda a grande figura de Nova Orleans a nova edición traerá tamén a Hannah Williams, Sonny Knight, Ray Gelato e TT Syndicate. 

POLÍTICA

Feijóo promete ao naval "cortar chapa en outono" após incumprir todas as súas promesas co sector

O presidente da Xunta di en sesión parlamentar que continúan adiante os contratos con Pemex mais a para-estatal mexicana volveu adiar a licitación dos floteis que xa foran "asinados" en abril de 2012.

The Chiffons
CULTURA

The Chiffons, peche de luxo para o Outono Códax Festival

O concerto das neoiorquinas The Chiffons pechará este sábado 26 de Outubro o Outono Códax Festival. A banda actúa en Santiago no seu único concerto do Estado coa mítica Judy Craig como protagonista. 

Xosé Manuel Olveira, Pico
CULTURA

Xosé Manuel Olveira “Pico”, Xograr de Outono no Fiot de Carballo

O Festival Internacional Outono Teatro (FIOT) de Carballo recoñecerá o sábado 26 ao actor Xosé Manuel Olveira “Pico” coa concesión do Xograr de Outono 2013 a título póstumo. 

Touporroutou da lúa e o sol
CULTURA

O outono trae dúas estreas de Vidal Bolaño para público infantil

Os días 3 e 4 de outubro estrearanse dúas obras para público infantil de Roberto Vidal Bolaño. Serán na mesma rúa do centro histórico de Compostela mais en teatros diferentes. Cachirulo ofrece a montaxe de “Romance dos figos de ouro” no Teatro Principal e ao día seguinte o CDG en coprodución con Teatro de Noroeste levará á escena “Touporroutou da lúa e o sol”.

Barbara Lynn
CULTURA

A lenda do blues Barbara Lynn abrirá o Outono Códax Festival en Compostela

Unha lenda do rythm&blues abrirá o Outono Códax Festival o 28 de setembro. A mítica Bárbara Lynn estará en Compostela no festival de música negra que terá coas The Chiffons un peche de excepción.