O soul funk de Sonny Knight abre un Outono Códax con Irma Thomas como estrela

Cita obrigada para amantes de soul, funk, rock ou r&b o Outono Códax Festival abre a súa programación este sábado co soul funk de Sonny Knight&The Lakers. Os portugueses TT Syndicate e os galegos The Lakazáns estarán tamén na primeira xornada do festival.

.
photo_camera .

Como cada ano, o Outono Códax Festival arranca en Compostela con forza, cunha proposta que congregará na capital galega a amantes do soul funk para asistir ao primeiro concerto galego na primeira xira polo estado do norteamericano Sonny Knigth. O recoñecido soulman estará acompañado dos seus inseparábeis The Lakers na primeira cita da cuarta edición do Outono Códax Festival, un encontro que ofrece un cartel de calidade e imprescindíbel para os amantes de rock´n roll, rythm&blues, funk ou soul. 

Gran voz da escena musical americana, con 66 anos, Sonny Knigth camiña cunha singular biografía ás súas costas que lembra a súa etapa de camioneiro despois de se ter entregado previamente á música. Foi só en 2012 cando se publicou  nos Estados Unidos un recompila torio de intérpretes esquecidos nos que o soulman participou dando un novo xiro a súa traxectoria. Agora era a música a que o levaba a regresar aos escenarios, co aplauso do público, e a gravar canda a súa banda, The Lakers o traballo I´m still here. Desde o Outono Códax gábanse de ter no seu programa o primeiro concerto na Galiza deste particular “clásico” e, ao tempo, “nova revelación”. Será, coma sempre, na Sala Capitol o sábado día 20 ás 21 horas na Sala Capital ás 21 horas. 

 Ademais deste primeiro e agardado concerto no que tamén participarán os portugueses TT Syndicate e os galegos The Lakazáns, o festival patrocinado por Martín Códax e promovido por Raíña Productions e A Reixa ofrecerá dúas novas citas os vindeiros 27 de setembro e 11 de outubro, cun programa que inclúe a cita estelar da gran Irma Thomas, considerada unha das tres grandes voces do soul mundial canda Aretha Franklin e Etta James. O concerto da diva de Nova Orleans será, sen dúbida, unha das grandes citas musicais do ano en Compostela. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios