O Outono Códax Festival chega á súa fin. Faino coa actuación de Naomi Shelton, lenda contemporánea do soul, que actuará co seu coro, The Gospel Queens e coa súa banda; dos galegos The Soul Jacket, un dos grupos con maior recoñecemento a nivel estatal, e dos madrileños que compoñen Juan Zelada.
O concerto terá lugar esta noite, ás 21h, na Sala Capitol (Compostela), cun prezo de 20 euros a entrada anticipada e de 24 euros no portelo.