Rego reclama 132 millóns adicionais de investimentos para Ourense e a contorna
Comeza o debate dos Orzamentos Xerais do Estado no Congreso
A ministra de Facenda fai un chamamento a aproveitar a chegada dos fondos europeos, ao tempo que Rego advirte que o seu voto non está decidido, e que o Goberno estatal ten que comprometerse coa Galiza.
O Goberno estatal segue á procura de apoios para aprobar os Orzamentos
O Goberno estatal compromete a construción de 20.000 vivendas destinadas ao alugueiro social
O BNG reclama 1.000 millóns para Galiza nos orzamentos do Estado
Caballero ataca Feixóo pola "pinza" do PP co bloque independentista contra os orzamentos
As peculiaridades da mecánica parlamentar levaron as emendas á totalidade aos orzamentos do estado a seren votadas conxuntamente. O efecto resultante é que PP, Cs, ERC e PDeCAT votaron en bloque contra as contas pactadas por PSOE e Podemos. O episodio permite a Gonzalo Caballero atacar o presidente da Xunta polo que cualifica de "pinza" do PP coas forzas independentistas.
Podemos carga contra o bloque independentista: vetar os orzamentos "é xogar co pan e o sal"
"Romper a maioría da moción de censura dificula a saída dialogada ao conflito de Catalunya", declarou esta terza feira Irene Montero, portavoz de Unidos Podemos. A dirixente do partido morado defendeu con vehemencia unhas contas cuestionadas por En Marea ao rexistaren un descenso nos investimentos do estado na Galiza.
Feixoo comeza a recuar no dossier autonomista e a pór o foco nos orzamentos
A prioridade agora para Feixoo son os orzamentos e o mal trato que recibe o país. A táctica, cargar a responsabilidade no PSdeG e furar nas contradicións entre En Marea e Podemos.
O bloque independentista catalán emenda os orzamentos pactados por PSOE e Podemos
A ruptura está cantada e salvo xiradela imprevista de última hora os orzamentos de Pedro Sánchez, pactados con Podemos, non superarán o primeiro trámite, o da votación das emendas á totalidade. ERC e PDeCAT anunciaron esta segunda feira senllos vetos. O adianto electoral para este outono xa é un dato que se comeza a dar por amortizado nos cenáculos políticos e mediáticos madrileños.
BNG chama a defender unha “posición de país” fronte aos orzamentos do Estado
Ana Pontón pide deixar ao lado “partidismos” perante unhas contas que “discriminan Galiza”.
Fernán Vello avanza o voto negativo de En Marea aos orzamentos se non hai melloras "sustanciais"
Así llo transmitiu á subdelegada do goberno na provincia de Lugo.
Villares pide unha "negociación bilateral" ao Goberno Sánchez se quere o apoio de En Marea aos orzamentos
Villares ponse á frente da oposición da confluencia aos orzamentos do estado, pactados nas súas liñas mestras polo PSOE con Podemos. Cun discurso notoriamente máis duro que o empregado pola representación de En Marea en Madrid, o portavoz orgánico e parlamentar do partido instrumental pide "unha negociación bilateral" para mudar de "xeito substancial" as contas. A alteración dos orzamentos é condición sine qua non para teren o apoio de En Marea no Congreso.
O BNG tilda de "labazada na cara das galegas e galegos" os orzamentos do Goberno Sánchez
Nunha avaliación de urxencia dos orzamentos do Estado para 2019 —proxecto pactado polo PSOE e Podemos—, a portavoz nacional do BNG cualificounos de "impresentábeis". As contas do Goberno Sánchez —que rexistan unha caída de 19 por cento no investimento no país— serían "unha labazada na cara das galegas e dos galegos". Pontón enfatiza que o proxecto conta co apoio de "En Marea e Podemos". Anova emitiu un comunicado crítico ao xulgar que os orzamentos carecen de "contundencia" á hora de defender as maiorías sociais "e os intereses de Galiza".
"Galiza non existe nese pacto": BNG critica o acordo PSOE-Podemos para os orzamentos do Estado
A Executiva da formación nacionalista afirma que o ocumento demostra que o noso país "está sen voz en Madrid".