novela

Algúns dos libros máis recentes que se publicaron e que teñen as doenzas mentais como 'leitmotiv'.
star
Letras que asoman ao abismo

A literatura e as doenzas mentais

Nos últimos tempos están a xermolar moitos libros que tratan, en maior ou menor medida, as enfermidades mentais e intentan ofrecer un pouco de luz ante tanto descoñecemento e contribuír á súa desestigmatización. Analizamos nesta reportaxe algúns deles, tanto en poesía como en narrativa: Non penses nun elefante rosa, de Antía Yáñez, Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila, Sopas New Campbell, de Teresa Moure, Guantanamera, de Samuel Merino, 
 
Alberto Lema, autor de 'Pazo de inverno'. (Foto: Sandra Grarcía Rey)
star
Entrevistas

Alberto Lema: "Cando estás no poder nunca te decatas de a quen estás molestando até que xa é demasiado tarde"

Alberto Lema xa era coñecido pola vocación política das súas novelas. Obras como Unha puta percorre Europa ou Da máquina mostraban un narrador que non temía enfrontarse coa actualidade. Nas  municipais de 2015, presentouse pola  Marea Atlántica  na Coruña e foi elixido concelleiro e nomeado cuarto tenente de alcalde, facéndose cargo das concellarías de Emprego e Economía Social. A súa última novela, Pazo de inverno (Galaxia), baséase nese paso polo goberno. Novela política e transgresora, mostra un narrador pouco compracente que relata as dificultades da esquerda para opoñerse aos poderes na sombra que tratan de desaloxala do poder.
Berta Davila. (Foto: Arxina)
Publícanse as novelas coas que gañou os premios Xerais e Jules Verne

Berta Dávila, buscar a transcendencia no banal

Berta Dávila segue colleitando recoñecementos: con Os seres queridos gañou o Premio Xerais de Novela e, ao tempo, recibía tamén o Jules Verne de Literatura Infantil por Un elefante na sala de estar. A súa é unha mirada que busca desvelar o transcendente analizando "como se constrúe a partir do banal".
A escritora e colaboradora de 'Nós Diario' Marilar Aleixandre. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Marilar Aleixandre: "A sociedade tende a botar no pozo da desmemoria todas as situacións que resultan un fracaso social"

Marilar Aleixandre é autora da novela As malas mulleres (Editorial Galaxia) premio Blanco Amor. A obra conta a historia das presas silenciadas no cárcere da Coruña no século XIX. Impregnada dun forte carácter feminista, a novela aborda temáticas aínda polémicas hoxe en día, como o aborto ou a homosexualidade, a través de personaxes ficticios e reais, entre os que se encontran Concepción Arenal e Juana de Vega. Este 2022 conmemóranse os 150 anos da morte de Juana de Vega, polo que resulta pertinente recuperar a súa historia a través de narracións como a de Aleixandre.
Xesús Fraga (Foto: Ana Couceiro).
star
Entrevistas

Xesús Fraga: "A Galiza debe intentar que toda a bagaxe da emigración teña un retorno positivo en nós como sociedade"

Xesús Fraga vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa coa súa novela Virtudes (e misterios). A obra, tamén galardoada co Premio Blanco Amor de Novela Longa, conta a historia da emigración galega na segunda metade do século XX a través da familia do escritor. Fraga comezou a escribir a novela hai máis de 10 anos, pero a historia recollida nas súas páxinas está gravada a lume na memoria e na pel de mulleres que, como a súa avoa Virtudes, sacaron adiante as súas familias cando a longa noite de pedra sumiu a Galiza nun dos episodios máis escuros.
Tito Pérez. (Foto: Lara Lijó)
star
Libros: 'O grupo', de Tito Pérez

Cousas de rapaces

Un dos acertos desta peza é confiar na intelixencia das persoas lectoras, ofrecendo case unha ollada documental sobre o tortuoso camiño do abuso e da exclusión que poden chegar a sufrir as persoas novas.
A tradutora Antía Veres. (Foto: Cedida).
Antía Veres é tradutora

Antía Veres: "Arundhati Roy relata de maneira brutal episodios e prácticas de discriminación e de machismo"

A India. 1969. Ammu abandona o seu marido, alcólico e maltratador, e marcha cos seus fillos xemelgos. Como muller divorciada, é vista como unha paria. Así arranca O deus das pequenas cousas (Kalandraka, 2021), novela coa que a escritora Arundhati Roy debuta en 1997. "Unha profunda e poética análise das raíces da India". Unha obra que agora ve luz en galego grazas ao labor da tradutora Antía Veres, a quen lle lanzamos unhas preguntas para saber máis sobre esta novela. 

Manuel Veiga Taboada presentará en Compostela, na Libraría Pedreira, 'A parte queimada' (Foto: Antonio Gutiérrez).
CULTURA

Manuel Veiga, escritor: "As revolucións, cando nacen, sofren un asedio moi grande"

A parte queimada. Stalin & Robespierre (Aira, 2020) é a novela coa que o escritor Manuel Veiga explora a cerna dos totalitarismos e tamén o emprego da violencia, nas súas múltiples faces, como unha suposta vía política revolucionaria. Esta quinta feira, 4 de novembro ás 20 horas, estará nun encontro na Libraría Pedreira, en Compostela, para presentar a obra no marco dunha conversa histórico-literaria sobre as revolucións francesa e rusa con César Lorenzo Gil, o seu editor.

Silvia Bardelás
star
Libros: 'Destempo", de Silvia Bardelás

O rural e a reflexión

Destempo é a terceira novela de Silvia Bardelás, nunha carreira que lle ten deparado xa algún recoñecemento pero que segue representando unha perspectiva diferente, moi marcada por unha actitude de pescuda. 
A escritora Iria Misa. (Foto: Cedida)
star
Libros: 'A cidade do átomo', de Iria Misa

A sombra da utopía

Mario Regueira debulla o último traballo da escritora Iria Misa.
Francisco Castro, director de Galaxia (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

Francisco Castro: "Os homes debemos tomar conciencia da nosa mala educación patriarcal, temos que avergoñarnos de ter iso metido dentro"

O escritor e editor Francisco Castro vén de tirar do prelo 'O cemiterio de Barcos' para a colección Costa Oeste de Galaxia. Unha novela de amor, aventuras e memoria histórica que sae publicada á vez nas catro linguas do Estado español. Con cinco anos á fronte da editorial, Castro atende 'Nós Diario' en plena promoción do libro. 
 
Marilar Alexandre
star
Libros: 'As malas mulleres', de marilar Aleixandre

A paisaxe das cadeas

O recurso principal da historia, que pode detectarse xa no título, é achegarse a un protagonista colectivo e rescatalo do esquecemento.
Xabier Quiroga
star
Entrevistas

Xabier Quiroga: "A maldade sempre resultou moi suxestiva para a literatura"

A represión franquista leva tempo sendo un dos eixes temáticos da narrativa de Xabier Quiroga. Desta volta e, tras cinco anos sen publicar nada, o autor olla a persecución da guerrilla ou o roubo de bebés como dúas das manifestacións máis terríbeis dese xeito de opresión. Xunto a elas traza unha trama de investigación sobre a verdadeira identidade dun descendente dunha familia fidalga. O resultado, baixo unha tona de xénero negro, lembra a novela decimonónica europea. Vidas que se cruzan para conformar a Historia que nos quixeron ocultar. 
A escritora Tara Westover recibiu numerosos galardóns grazas á súa primeira novela, 'Unha educación', na que narra as súas memorias (Foto: Paul Stuart / Penguin).
CULTURA

'Unha educación', o best-séller de Tara Westover, chega ao galego

A aclamada novela da escritora Tara Westover (Idaho, 1986), 'Unha educación', non deixou indiferente a ninguén que a ela se achegara. Na obra, a autora narra as súas propias memorias, desde a infancia no seo dunha familia survivalista, sen pisar a escola, até doutorarse en Cambridge. Agora chega ao galego da man de Hércules.
alberte lema
CULTURA

Alberto Lema gaña o Manuel García Barros de novela

Con 'Pazo de Inverno', onde, segundo o xurado, "nada é o que parece e os trasfondos e maquinacións dos grupos de influencia acaban por nos revelar un complexo mapa de intereses e pulsións".
O escritor estradense Marcial Valladares nun retrato coloreado [Nós Diario].
CULTURA

A 'Maxina' de Marcial Valladares gaña nova vida

Co gallo da celebración dos douscentos anos do nacemento de Marcial Valladares (A Estrada 1821-1903), figura chave no Rexurdimento, a editorial Galaxia réndelle homenaxe tirando do prelo unha edición especial de 'Maxina ou a filla espuria', obra considerada o primeiro exemplo de novela galega moderna. 
Rosa Aneiros
star
Libros: 'Sibila', de Rosa Aneiros

O ton das profecías

O mundo de Sibila é moi semellante ao noso, aínda que cunha catástrofe ecolóxica máis próxima que comeza a afectar a algúns dereitos das persoas, que non poden permanecer en certos territorios protexidos, e tamén a aspectos como a súa fertilidade. 
Un instante da presentación da novela premiada de Marilar Aleixandre. (Foto: Deputación de Ourense)
CULTURA

Marilar Aleixandre e a literatura como "táboa de salvación"

A autora e colaboradora de Nós Diario participou nesta cuarta feira na presentación da súa novela As malas mulleres, que resultara gañadora do 39º Premio Eduardo Blanco Amor

Nus

Berta Davila. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Berta Dávila: "A literatura non ten que xustificarse como útil para ser considerada valiosa, como tampouco o idioma"

Buscar no trivial para atopar a esencia: quizais podería ser unha forma de describir as novelas de Berta Dávila. As súas obras sitúanse entre a ficción e a realidade para mostrar unha mirada que, a partir da observación dos pequenos cambios que acontecen ao noso arredor, reflexionar sobre a identidade, sobre a representación do suxeito. Illa Decepción recibiu o Premio Repsol de Narrativa Breve na mesma semana en que Carrusel, a súa anterior novela, gañaba o Premio da Crítica 2019. Falamos con ela sobre algúns dos trazos que caracterizan a súa obra.