Parte das instalacións da casa, adquiridas polo seu pai na década de 1920, para trasladar á súa familia desde Oza dos Ríos, levaban funcionando desde o verán e acolleron algunhas actividades desde entón.
A Cidade da Cultura acolleu na segunda feira a inauguración da exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, coa que a Dirección Xeral de Cultura da Xunta da Galiza conmemora o Día da Ilustración. A mostra, que pode verse na entrada da Biblioteca da Galiza até mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas, na súa meirande parte orixinais.
Novas publicacións e actividades están contribuíndo a coñecer mellor a obra de María Antonia Dans, (Oza dos Ríos, 1922-Madrid, 1988), a artista homenaxeada este ano no Día da Ilustración. Entre as súas facetas creadoras máis descoñecidas está, precisamente, a de ilustradora de libros e xornais.
Este ano celébrase o centenario do nacemento de María Antonia Dans, unha artista que ocupou un lugar principal na súa época pero que na actualidade continúa a ser vista desde unha óptica pouco contemporánea. As dificultades coas que debeu enfrontarse -unha muller tratando de desenvolver unha carreira como pintora en plena ditadura franquista- provocaron que a súa obra sexa xulgada desde parámetros que ocultan a verdadeira natureza do seu proxecto artístico. O centenario móstrase como unha oportunidade para recuperala.