A obra de María Antonia Dans celebra o Día da Ilustración

A Cidade da Cultura acolleu na segunda feira a inauguración da exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, coa que a Dirección Xeral de Cultura da Xunta da Galiza conmemora o Día da Ilustración. A mostra, que pode verse na entrada da Biblioteca da Galiza até mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas, na súa meirande parte orixinais. 
Pintura de Dans que retrata unha serie de campos de Curtis.
photo_camera Pintura de Dans que retrata unha serie de campos de Curtis.

A Cidade da Cultura acolleu na segunda feira a inauguración da exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, coa que a Dirección Xeral de Cultura da Xunta da Galiza conmemora o Día da Ilustración. A mostra, que pode verse na entrada da Biblioteca da Galiza até mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas, na súa meirande parte orixinais.

Entre estas pezas da exposición, comisariada pola Biblioteca da Galiza, atópanse algunhas das ilustracións máis destacadas de María Antonia Dans, como as que realizou para o conto La Tata, de Carmen Marín Gaite, ou as dos libros da editorial Doncel La aventura del "Serpiente Emplumada" ou La isla de las tortugas.

A exposición está composta na súa maior parte por publicacións orixinais e compleméntase con algunhas reproducións extraídas doutras bibliotecas virtuais. 

O acto contou coa presenza da presidenta da Asociación Galega de Profesionais de Ilustración, Laura Romero, e do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez. 

Unha vida marcada pola historia

María Antonia Dans nace en 1922 en Oza dos Ríos, pero a súa familia trasládase a Curtis pouco despois, lugar de onde extraería na súa futura carreira a inmensa maioría das súas imaxes pictóricas. 

A súa traxectoria vital está fortemente marcada pola historia, tendo o éxito discreto que unha muller podía ter durante a ditadura de Francisco Franco. 

É na Coruña onde comeza a desenvolver a súa faceta artística grazas a Lolita Díaz Baliño, e en Madrid, onde a obra de Dans triunfa cunhas obras que refiren de maneira continua á realidade galega. 

As súas pinturas estiveron expostas en todo o Estado español e incluso acadou recoñecemento internacional. 

Comentarios