A Casa Museo de María Antonia Dans inaugúrase oficialmente en Curtis

Parte das instalacións da casa, adquiridas polo seu pai na década de 1920, para trasladar á súa familia desde Oza dos Ríos, levaban funcionando desde o verán e acolleron algunhas actividades desde entón.
María Antonia Dans.
photo_camera María Antonia Dans.

O Concello de Curtis inaugurou esta cuarta feira oficialmente a Casa Museo María Antonia Dans coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O novo museo conta con tres edificios: a propia casa, o estudio onde pintou e un edificio intermedio que albergará exposicións doutros artistas. As instalacións contarán cunha exposición permanente da obra do artista con fondos que o Concello de Curtis foi adquirindo, doazóns ou obras en préstamo de particulares.

O alcalde de Curtis, Javier Cainzos, destacou a importancia da creación de María Antonia Dans para o rural e a vila e a súa vontade de reflectir persoas e paisaxes que forman parte do patrimonio cultural e social.

O Concello, xunto coa Xunta e a Deputación, deron forma ao proxecto que se impulsou coincidindo co centenario do nacemento da pintora, que se celebrou o ano 2022.

Parte das instalacións da casa, adquiridas polo seu pai na década de 1920, para trasladar á súa familia desde Oza dos Ríos, levaban funcionando desde o verán e acolleron algunhas actividades desde entón.

As actuacións supoñen un orzamento próximo ao medio millón de euros, 250 mil achegados pola Consellaría de Cultura e o resto a través de fondos municipais e provinciais.

María Antonia Dans foi un referente do neoexpresionismo. A súa pintura destaca pola gran forza no uso da cor empregada nas paisaxes rurais. Recibiu as súas primeiras leccións da debuxante, Lolita Díaz Baliño. A súa obra tivo un considerábel éxito a partir da década de 1950 Tras a súa voda, en 1952, trasladouse a Madrid, onde residirá definitivamente, alternando a súa estancia alí con exposicións e tempadas na Galiza. Por outra parte, a temática das súas obras referíronse sempre á realidade galega, recreada a través dun meditado proceso de estudo.

En 2023 dedicóuselle o Día da Ilustración, campo que traballou en prensa, en xornais como ABC ou Pueblo, e en libros de literatura infantil durante a década de 1960, especialmente para a editorial Doncel.

Comentarios