Luis De Guindos

ECONOMÍA

Guindos defende a venda do Popular por un euro como “a mellor solución”

O ministro afirma que se contactou con 5 entidades interesadas e que coa operación “salváronse”os aforros dos depositantes e a oposición critica o proceso. “Facilitaron un pelotazo ao Santander”.

Luis de Guindos
INTERNACIONAL

"É alucinante. Que vaia a tomar polo cú", di De Guindos ante a pergunta incómoda dunha xornalista

O ministro de Economía español reaccionou desta maneira ás portas da Comisión europea onde se reuniu esta segunda feira o Eurogrupo. Vídeo no interior.

 

preferentes
ECONOMÍA

23.000 sinaturas galegas para De Guindos procurar unha solución ao calote das preferentes

A Coordinadora Galega de plataformas de afectad@s polas preferentes entregará esta cuarta feira no Ministerio de Economía milleiros de sinaturas pedindo que se arranxe o problema das preferentes. A principios de mes entregáranllas a Feijóo: “Nin caso nos fixo, como quen oe chover. Unha vergoña de presidente para @s galeg@s”.

POLÍTICA

O BNG pide a De Guindos unha revisión da venda de NCG

A fronte nacionalista opúxose no Congreso ao o proxecto de Lei de Caixas de Aforros e Fundacións bancarias por centralizadora e prexudicial para a maioría social.

Luis de Guindos
ECONOMÍA

Guindos aceptou vender NGB a petición dos fondos de investimento estranxeiros

O presidente da entidade, José María Castellano, recoñeceu aos sindicatos que nunha reunión co ministro de Economía e responsábeis de 'fondos-abutre' estes pediron a De Guindos que vendese o banco. E o ministro aceptou

Manifestación d@s afectad@s polas preferentes en Vigo
SOCIAL

Milleiros de afectad@s polas preferentes exixen en Vigo a demisión de De Guindos

Ao berro de "nin quita, nin accións, total devolución", plataformas de toda Galiza confluíron nunha grande marcha na cidade olívica. Representantes do BNG, PSdeG e da CIG fixeron parte da mobilización. Vídeo no interior.

Laiki bank
INTERNACIONAL

O diñeiro ruso será quen pague o resgate á banca internacional acordado por Bruxelas e Nicosia

Acordo de última hora e de madrugada en Bruxelas entre a UE e Chipre. Os depósitos de menos de 100.000 euros ficarán indemnes, grazas á presión popular e ao voto contrario do Parlamento de Nicosia ás condicións do resgate. O acordado onte supón que o resgate a Chipre  -10.000 millóns de euros- será financiado basicamente polos depósitos superiores aos 100 mil euros. Na práctica, o que se resgatan son os bancos chipriotas e quen asumirá a parte do león da factura será o capital ruso investido na illa mediterránea.

Vence na manifestación das preferentes en Pontevedra
Galiza

Vence pide a demisión de Feijóo, Rajoy e De Guindos

O portavoz nacional do BNG cre que estamos nun “estado de excepción económica e democrática” após a quita ás preferentes e participacións subordinadas.

Galiza

O director do FROB traballou con Guindos na auditora que avalou as preferentes


Antonio Carrascosa é o director xeral do FROB. O FROB é hoxe o dono de Novagaliciabanco, un banco nacionalizado. Antes de desembarcar no sector público, Carrascosa traballou na empresa privada. Con quen? Con Luis de Guindos. Onde? En Pricewaterhouse Coopers, a auditora que avalou as preferentes. A mesma empresa que agora decidirá que vítimas do calote das preferentes se poderán acoller á arbitraxe e cales, non.
ECONOMÍA

De Guindos podería ter usado o seu cargo para favorecer a auditora que avalou as preferentes

O ministro de Economía era alto cargo na auditora Price Waterhouse Coopers, que garantiu a limpeza das contas das emisións deste produto. Agora que o Goberno español é accionista único de NGB, a mesma empresa decide quen vai á arbitraxe
Luis De Guindos
Galiza

De Guindos era alto cargo na auditora que en 2009 deu o visto bon ás preferentes

En 2009 Luis de Guindos ocupaba un alto cargo na auditora, Price Waterhouse Coopers, que deu o visto bon ás preferentes emitidas por Caixa Galicia. Hoxe De Guindos fai parte dun goberno que defende a quita ás afectad@s por esta monumental estafa.
Mundo

O Goberno español mudará a lei para evitar outra 'estafa das preferentes'

O titular de Economía adianta na sesión de control un cambio na lexislación, mais sen carácter retroactivo
A cúpula do PP
RECORTES

Rajoy prégase aos mercados e volverá subir impostos

De Guindos confirma que en 2013 o PP encarecerá o IVE e os tributos indirectos e reducirá as cotizacións sociais.