O director xeral do FROB traballou con Guindos na auditora que avalou as preferentes


Antonio Carrascosa é o director xeral do FROB. O FROB é hoxe o dono de Novagaliciabanco, un banco nacionalizado. Antes de desembarcar no sector público, Carrascosa traballou na empresa privada. Con quen? Con Luis de Guindos. Onde? En Pricewaterhouse Coopers, a auditora que avalou as preferentes. A mesma empresa que agora decidirá que vítimas do calote das preferentes se poderán acoller á arbitraxe e cales, non.
Antonio Carrascosa (FROB)
photo_camera Antonio Carrascosa (FROB)

Antonio Carrascosa fixo parte desde 2008 até 2011 da equipa directiva de Pricewaterhouse Coopers, a auditora que avalou entre 2008 e 2011 a emisión de preferentes por parte de Caixa Galicia.

En Pricewaterhouse Coopers traballou cabo de Luis de Guindos, que era o responsábel da área financeira.

Agora, como director xeral do FROB, Carrascosa beneficia a súa antiga empresa, designada para determinar que vítimas da estafa das preferentes se poderían acoller á arbitraxe e cales, non.

Toda a información sobre este asunto hala de atopar no número 35 de Sermos Galiza, xa nos vosos quiosques.


Comentarios