Moody's afunde a NGB aínda máis na cualificación de bono-lixo

A axencia rebaixa aínda máis, a categoría B3, a cualificación da entidade financeira en pleno debate sobre a súa venda


 

Novagalicia Banco xa era bono-lixo para a axencia de cualificación Moody´s. Mais agora éo aínda máis. Na última valoración realizada por Moody´s afunde á entidade financeira galega (e tamén a Catalunya Banc) dous chanzos máis. Dalles nota de B3.

A axencia tamén rebaixa a cualificación a Bankia, que pasa a B1.

A decisión sobre NGB prodúcese apenas unhas horas despois de que o FROB anunciase a súa intención de vender a entidade antes do inverno.Para iso mesmo vai contratar un banco de investimento (ao que pagará un máximo de 700.000 euros). Segundo este fondo, hai investidores, tanto do Estado español como estranxeiros, interesadosen NGB

Comentarios