libre

INTERNACIONAL

O masacre de Connecticut leva ao primeiro plano o libre mercado das armas nos EEUU

O asasinato de 26 persoas, vinte delas menores de entre 5 e 10 anos, por parte dun mozo de vinte anos nun colexio de Connecticut abre de novo o debate silenciado na recente campaña electoral americana. Case a metade das casas americanas teñen armas.
Galiza

A Audiencia española deixa libre o independentista Héctor Naia, baixo fianza de 6 mil euros

O xuíz Eloy Velasco vén de ditar auto de procesamento sobre a situación dos detidos Xurxo Oliveira, Diego Santín e Héctor Naia. Prorroga a prisión preventiva para os dous primeiros ao considerar que existe risco de fuga, mais deixa en liberdade baixo fianza o terceiro deles. Nas últimas horas quedou libre tamén Júlio Saiáns, veciño de Ferrol arrestado en outubro nun operativo policial contra o independentismo galego
Palestina
INTERNACIONAL

Palestina: máis soberana malia a ocupación de Israel

Palestina converteuse esta quinta feira en estado observador das Nacións Unidas. Após un longo e angosto camiño o pobo palestino tomará parte da organización internacional e poderá interpor demandas perante a Corte Penal Internacional.
POLÍTICA

Que recolle o dereito internacional a respecto da autodeterminación dos pobos?

O ordenamento xurídico internacional contempla a libre determinación dos pobos desde a sinatura da Carta das Nacións Unidas. Aliás, concíbese como un dos principios fundamentais sob os que se asenta o dereito internacional. Porén, malia que na súa conceptualización teórica aspirou a ser un dereito de aplicación internacional, o certo é que ao longo do tempo reflectiu unha importante debilidade práctica, ficando máis nun brinde ao sol após a II Guerra Mundial, que de facto como un dereito exixíbel en tanto que inherente á vontade dos pobos.
LINGUA

O corrector ortográfico galego "Hunspell" estrea nova versión

A comunidade aberta Proxecto Transno publicará o dicionario en dúas versións do Volga: unha "estritamente normativa" e outra que incluirá tamén repertorios fóra da norma, mais que son referencia no noso país, para alén das suxestións das persoas usuarias. De cara ao futuro traballarán en versións específicas para ámbitos de especialización, como a bioloxía ou o dereito

É unha trola iso de que un pobo máis informado é un pobo máis libre

  Aínda que xa non se estila moito a etiqueta, ata hai nada definiamos a nosa época como a sociedade da información(agora dise máis Sociedade 2.0). E dalgunha maneira segue sendo válida esa categorización porque é innegable que nunca dispuxemos de máis ferramentas para estarmos informados e conscientes da realidade ca hoxe.

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya
Països Catalans

85 concellos xa integran o "territorio catalán libre"

Os municipios de Altafulla e Arbúcies foron os últimos en se sumar a ese pronuciamento que prepara o camiño rumbo a independencia.
Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense
POLÍTICA

Francisco Rodríguez négase a demitir malia estar imputado por delitos graves

O BNG abandonará o goberno municipal de Ourense se o alcalde socialista non renunciar. Tamén o PSdeG estaría matinando exixir a saída do seu rexedor. De manter a negativa producirase unha crise de goberno que deixaría o alcalde en minoría.

Libre, de Iker Azcoitia

Iker Azcoitia (Aretxabaleta, 1987), vén de dirixir Libre, unha curtametraxe galardoada, entre outros, co 1º premio no XII Certame de Curtas do CMU de Sta Mª de Europa. Con 700 euros e un equipo de dezaseis persoas, Azcoitia conseguiu rodar en cinco días esta historia de afectos e “desafectos” coa que pretendeu abordar temas ben complexos como a violencia machista, a familia e, xa de paso, as relacións de parella.
Feijóo nun acto do Sergas
Galiza

A redución de días de libre disposición traducirase na perda de medio millar de empregos no Sergas

Para cubrir eses días e garantir o servizo contratábase persoal das listas de vinculación temporais
SOCIAL

Tui tampouco quere ser horta de Monsanto

O Concello declárase 'Zona Libre de Transxénicos'. O pleno municipal aproba unha moción proposta polo BNG e súmase aos 27 municipios que previamente subscribiron este acordo simbólico de rexeitamento destes organismos na Galiza. A experimentación ou o seu cultivo supón unha cambadela á loita pola soberanía alimentar do noso pobo
SOCIAL

400€ por un ciclo de cinema ao ar libre

É a cantidade que o Concello de Santiago solicitou á Rede Feminista e ao Cineclube en concepto de taxas, en virtude da nova ordenanza municipal que regula a ocupación e uso da vía pública e que aínda non está en vigor. Aprobarase esta quinta feira.
Computador
Ciencia

Reunión de tradutor@s de software libre na Coruña

A Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre 'Proxecto Trasno' realizará a primeira asemblea ordinaria do ano o sábado 26 de Maio no Centro Ágora.
Imaxe das Xornadas cedida polo GPUL
TECNOLOXÍA

As bondades da cultura libre, á palestra nas XI Xornadas do GPUL

O Grupo de Programadores e Usuarios volveu divulgar experiencias no Linux cun programa que este ano se dividiu entre a administración de ferramentas web e o desenvolvemento dun proxecto amplo