A redución de días de libre disposición traducirase na perda de medio millar de empregos no Sergas

Para cubrir eses días e garantir o servizo contratábase persoal das listas de vinculación temporais
Feijóo nun acto do Sergas
photo_camera Feijóo nun acto do Sergas

Até este ano, unha persoa que traballase para a administración pública tiña dereito a 9 días de libre disposición (que non sempre se podían coller tan `libremente' como podería indicar o seu nome). Tras a vaga de recortes, eses días quedarán en tres. Son seis días menos de libranza para o persoal mais tamén son, lembra CIG-Saúde, menos horas a substituir e, xa que logo, menos contratacións.

A central nacionalista advirte de que a redución de días de libre disposición provocará a perda de, como mínimo, 517 postos de traballo no Sergas. Unha cifra que se extrae de combinar as horas de traballo que as libranzas xeraban para persoal das listas para cubrir o servizo e dos parámetros de substitución que viña empregando o Sergas. 

E máis

E a propia CIG lembra que estes cáculos fanse "sen ter en conta os días adicionais de vacacións e libre disposición por antigüidade, que tamén son eliminados no Decretazo de Rajoy, e que suporían case o dobre de postos de traballo perdidos"

Comentarios