letras

manuel
CULTURA

As asociacións culturais prometen que Manuel María terá un Día das Letras “memorábel”

Era fácil velo en charlas, mesas redondas, recitais ou manifestacións. As asociacións do país contaban con Manuel María e el sempre respondía. Agora anuncian que van responder a súa xenerosidade contribuíndo a que o vindeiro ano, no que se lle dedicará o Día das Letras Galegas, sexa memorábel. 

Manuel María
CULTURA

Manuel María, un Poeta Nacional para as Letras Galegas

Militante na lingua e a literatura mais tamén académico, o escritor ao que se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas é unha das figuras centrais da literatura galega do século XX, e aventura un ano de especial intensidade na cultura de base coa Casa Museo en Outeiro de Rei como referente. 

Academia
CULTURA

A Academia pasa páxina coa elección do nome para un novo Día das Letras Galegas

Ás 13.30 está convocada a rolda na que a Academia anunciará o nome ao que se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2016. Xela Arias, Carvalho Calero e Manuel María son as tres opcións polas que votarán os membros da institución con sede na coruñesa Rúa Tabernas. A Academia pasará así páxina dun ano no que as críticas superaron ás conmemoracións. 

Real Academia Galega
CULTURA

O xiro da Academia: Manuel María, Xela Arias ou Carvalho Calero, para as Letras 2016

A Real Academia Galega dá un xiro cos tres nomes das candidaturas das que, o vindeiro 4 de xullo, sairá a que se lle dedicará o Día das Letras Galegas. Se o pasado ano, a elección de Filgueira Valverde verqueu duras críticas sobre a institución, desta volta, teñen, pase o que pase, as palmas aseguradas. 

caxigueiro
CULTURA

O "marcapáxinas" poético-visual de Caxigueiro para conmemorar as Letras

Institucións, asociacións... mais tamén iniciativas particulares conmemoran o Día das Letras das máis variadas maneiras. O artista Caxigueiro parabeniza cun libro poético dixital, con imaxes e poemas da súa autoría e a música de Satie, que naceu tamén un 17 de maio. 

moreno
CULTURA

María Victoria Moreno, protagonista do Día das Galegas nas Letras

Non foi alcaldesa franquista en Pontevedra e achegouse ao galego con afecto. Despois de sementar pola rede dúas pistas, a plataforma A Sega desvela o nome da muller á que se lle dedicará o II Día das Galegas nas Letras: a escritora María Victoria Moreno. 

LINGUA

Cultura da Coruña convida á Festa das Letras Galegas do 17 de maio... en español

“Con el objetivo de potenciar y promover el uso del gallego en el juego...” así comeza o correo de envío masivo remitido pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña para convidar á veciñanza á Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio. 

Filgueira Valverde
CULTURA

Alonso Montero presenta a primeira biografía de Filgueira para o Día das Letras Galegas

Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual é a primeira historia de vida de Filgueira Valverde no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O seu autor é o presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero. 

Deixemos de reclamar o Día Das Letras Galegas para Carvalho Calero: dediquémosllo!

Levamos quince anos, si, quince anos!, agardando un acto de elemental xustiza: que a Real Academia Galega recoñeza a inmensa figura de don Ricardo Carvalho Calero, que promova o seu estudo e divulgue a súa obra. E nada.

poetas-crop
DÚAS HORAS DE PALABRA E MÚSICA

Xuntanza poética para celebrar a segunda edición de 'Transfusión Oceánica'

Arteixo acolleu a palabra de 21 poetas nun recital que tamén contou coa música de Bieito Romero e que serviu para acompañar a nova publicación do libro mariñeiro de Xosé Iglesias.

Filgueira Valverde e as Letras Galegas

A posición do BNG de Pontevedra a respeito da elección de Xosé Filgueira Valverde foi desde o primeiro momento clara. 

Memoria das Letras Galegas no Centenario de Ramón de Valenzuela

Co gallo do Centenario de Ramón de Valenzuela que hoxe conmemoramos no Centro Cultural Vista Alegre, a antiga Sociedade bonaerense de emigrantes Pro Escolas na Bandeira, véñenme á memora varias cuestións como a situación da nosa literatura polo estado de anormalidade no que seguen a viver certos autores para a crítica e os lectores que ben se enredarían de coñeceren certas obras de moi escasa difusión.

Xosé Neira Vilas asinando a súa obra na Feira do Libro da Coruña en 2009
CULTURA

Xosé Neira Vilas, Premio da Cultura Galega en Letras

Os Premios da Cultura Galega recoñecen a Xosé Neira Vilas na categoría de Letras. Cándido Pazó en Artes Escénicas, o Festival de Ortigueira en música, a AGAPI en audiovisual ou  David Mackenzie en lingua foron outros dos galardoados. 

Rama-crop
Letras e Ideas

A Coruña conta cun novo espazo cultural: Linda Rama

Unha libraría con cafetaría abre as portas na Cidade Vella nun momento no que o tristemente habitual é o peche destes establecementos. Poñerá especial interese no ensaio e terá programación propia

Mulleres en Roda_Carlos Maside
CULTURA

15-A: Día das Galegas nas Letras

17-M? Non, 15-A! Desde este ano, as nosas letras teñen un novo día para conmemorar. Trátase do Día das Galegas nas Letras que inicia a súa andaina cunha festa feminista e colectiva promovida pola plataforma de crítica A Sega e que se desenvolverá no Areal de Berres, A Estrada. 

Areal de Berres
CULTURA

O Día das Galegas nas Letras conmemórase cunha festa colectiva na Estrada

O Día das Galegas nas Letras xa ten programa e escenario. O vindeiro 15 de agosto no Areal de Berres, na Estrada homenaxearase a Dorothé Schubart cunha festa colectiva na que participarán Mercedes Peón, Paula Carballeira, Isabel Rei e Habelas Hainas entre outras. 

Homenaxe en San Simón
CULTURA

As asociacións da memoria en desacordo co vindeiro Día das Letras Galegas

As Asociacións de Recuperación da Memoria Histórica manifestan o seu desacordo coa designación de Filgueira Valverde para o Día das Letras Galegas pola súa vinculación co franquismo. 

CULTURA

Asociacións culturais rexeitan Filgueira e homenaxearán o “xenio criador do Pobo”

As asociacións máis numerosas e activas do país homenaxearán o “xenio creador do Pobo galego” o vindeiro Día das Letras Galegas. “Filgueira Valverde non pode unir a ninguén”, din e anuncian unha conmemoración festiva á marxe da oficialidade da Academia. 

convivio-crop
Letras e Ideas

Medio milleiro de persoas participan no Convivio cultural da Fundación Manuel María

Representantes do asociacionismo cultural de base galego xuntáronse en Outeiro de Rei, nunha cita que intentará consolidarse para poñer en común experiencias e iniciativas e que tamén serviu para lembrar a figura do falecido poeta.

LINGUA

A RAG concedeulle o Día das Letras de 2015 a Filgueira Valverde por un único voto

Só un apoio máis que Celestino Fernández de la Vega, que foi o outro finalista, obtivo o ex-alcalde franquista de Pontevedra para ser o homenaxeado institucional o próximo 17 de maio, nunha decisión cuxa polémica non acouga.