Irmandades da Fala

AF Irmandades
MULLERES NAS IRMANDADES

A Fondo: A Galiza das irmás

Dedicamos o A Fondo desta semana, coordinado pola investigadora Cilia Torna, ás mulleres das Irmandades da Fala. Elvira Bao, Amparo López Jean, María Miramontes, Pilar Durán, Carmen e Micaela Chao... neste caderno escribimos sobre todas elas, que traballaron pola igualdade absoluta entre a muller e o home.

Cadro de declamación da Irmandade da Coruña. Atópanse presentes, entre outras, Elvira Bao, Carme Chao, Micaela Chao, Carme Meléndrez, Tulia Meléndrez, Luísa Castelo e Víctor Casas. A Coruña 1921
EDITORIAL DO SERMOS 196 NO CENTENARIO DAS IRMANDADES

Un século de construción do país

Dado que é esta cuarta feira 18M o día en que se fai o centenario das Irmandades da Fala, avanzamos, antes mesmo de saír do prelo, o editorial do Sermos196, dedicado á devandita efemeride.

Irmandades da Fala
MEMORIA E HISTORIA

Flores e memoria no espazo en que hai cen anos naceron as Irmandades da Fala

Xusto cen anos despois, diante do edificio en que se desenvolveu a xuntanza fundacional das Irmandades da Fala, descendentes e asociacións rendéronlle homenaxe nun acto convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

Elvira Varela Bao
ENTREVISTA

Elvira Varela, testemuña viva das Irmandades: "O que hai agora, todo o que hai, é por elas"

Ela é unha das nenas que aparecen nos escasos documentos gráficos das mulleres das Irmandades da Fala, “miña nai levábanos sempre con ela a meu irmán e a min. Estabamos en todas as salsas”, salienta. É Elvira Varela, filla de Elvira Bao Maceiras e de Bernardino Varela. Recollemos extractos da conversa que mantivemos con ela e que reproduciremos no A Fondo dedicado ás Irmandades que sairá do prelo esta quinta feira, como suplemento do Sermos196.

Carnet_das_Irmandades_da_Fala_de_1917
MEMORIA E HISTORIA

18M: 100 anos das Irmandades da Fala

O 18 de maio de 1916 creábase na Coruña a Irmandade dos Amigos da Fala, a primeira organización política con vocación de masas do nacionalismo galego. Sería o xermolo que, coa pasaxe dos anos, daría lugar ao nacimento, en 1931, do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda.

cantigas
O 18 DE MAIO NA CORUÑA

Homenaxe ás Irmandades cos coros que foran fundados daquela

A Academia Galega e o Concello da Coruña celebran na quinta feira o centenario da fundación da primeira Irmandade, a da Coruña, cun acto no que participan os catro coros que aínda sobreviven e que foran fundados por este colectivo.

IMG-20160514-WA0010
ROTEIRO TEATRALIZADO ORGANIZADO POLO BNG

As Irmandades da Fala regresan á Coruña

As rúas da Coruña volveron na mañá do sábado ao 1916, con Amparo López Jean, María Miramontes, Antón Vilar Ponte e outros membros das Irmandades de Fala. Un roteiro teatralizado organizado polo BNG serviu para celebrar o centenario da creación das Irmandades e da eclosión do nacionalismo na Galiza.

irmandadesCCG-peq
INICIATIVA DA A.C. ALEXANDRE BóVEDA E DA AS-PG

Campionato de trivial na rede para divulgar as Irmandades da Fala

Cal foi o voceiro das Irmandades da Fala? Onde e cando xurdiu a primeira Irmandade? Cales eran os seus principais obxectivos? Se coñeces a resposta non perdas a oportunidade de sumarte ao campeonato de trivial que divulga a través da rede o coñecemento arredor das Irmandades.

É tempo de Irmandades!

Viva Antón Vilar Ponte. Parabens A Corunha

elviravarela
SETE CONVERSAS ATÉ MAIO

Ciclo de encontros na Coruña arredor das Irmandades 

Desde mañá 31 de marzo até maio a AS-PG e a A.C. Cultural Alexandre Bóveda organizan varias conversas sobre os protagonistas das Irmandades da Fala. Sete conversas con testemuñas e especialistas para saber máis sobre este movemento. 

irmandadesCCG-peq
CULTURA

Consello da Cultura e RAG apostan polas Irmandades na rede 

O Consello da Cultura vén de presentar o Álbum das Irmandades da Fala, unha completa web que pretende difundir biografías e materiais dos protagonistas deste movemento. Tamén a Academia acaba de publicar en versión dixital a primeira das publicacións históricas, que irá ampliando aos poucos. 

irmandades-institut
PRESENTADAS AS ACTIVIDADES DO CENTENARIO

Reclaman o consenso para a lingua nun acto das Irmandades

Nun acto conxunto de varias institucións para presentar as actividades do Ano das Irmandades, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, reclamou que “este consenso para celebrar o centenario das Irmandades da Fala se traducise no consenso para defender a normalización da nosa lingua”.

expo-irmand
DE DEPUTACIÓN, RAG E MUSEO DO POBO

A expo “Saúde e Terra, irmá(n)s!” sobre as Irmandades percorrerá todo o país 

A exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!” percorrerá a partir do 18 de maio as sete cidades galegas para conmemorar o centenario da creación das Irmandades da Fala. O proxecto nace do acordo da Deputación da Coruña, o Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega.

[Imaxe: Wikipedia] Sackville Street, en Dublín, en 1916, após o Alzamento.
ORGANIZADO POLA CRMH

O centenario do Alzamento de Pascua irlandés, na Coruña

A cidade da Coruña fai parte da celebración do centenario do Levantamento de Pascua irlandés de 1916 – o Éirí Amach na Cásca- cunha xeira de actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica que culminará coa retransmisión da estrea mundial da serie documental 1916 The Irish Rebellion.

Carné das Irmandades asinado por Vilar Ponte
SOCIAL

Unha exposición itinerante para conmemorar o Ano das Irmandades

Ora galega está a organizar un autobús que percorrerá o país para dar a coñecer a organización nacionalista no seu centenario.

Repensar o nacionalismo no centenário das Irmandades

CULTURA

A AS-PG e a AC Alexandre Bóveda convidan a pasear coas Irmandades

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega poñen en marcha unha iniciativa para dar a coñecer efemérides e actividades relacionadas coas Irmandades da Fala.

Asamblea-Irmandades
CULTURA

A Deputación coruñesa declara o 2016 como Ano das Irmandades da Fala

A Deputación da Coruña aprobou hoxe sexta feira, por unanimidade dos grupos políticos, a declaración do 2016 como Ano das Irmandades da Fala.  Comprométese a desenvolver un programa de actividades para difundir e dar a coñecer a súa dimensión histórica e o seu papel no “que hoxe somos como pobo e cultura”.

Asamblea-Irmandades
CULTURA

Varias institucións preparan un simposio sobre as Irmandades para novembro

Do 17 ao 19 de novembro deste ano celebrarase o simposio 'Repensando Galiza: as Irmandades da Fala, 1916-1931', organizado polo Museo do Pobo, a Universidade da Coruña, a revista Murguía e varias fundacións.