A acción devastadora das lapas cobrouse a vida de dúas persoas en circunstancias aínda non precisadas. Foi en Nigrán e a noticia confirmárona fontes do concello citadas polo Faro de Vigo.
As dúas vítimas mortais faleceron após vérense atrapadas polas lupas na furgoneta en que viaxaban no lugar de Chandebrito, no concello de Nigrán, informa Europa Press.
A morte nun automóbil evoca o recente e xigantesco incendio de Pedrogão, Portugal, coa maior parte das vítimas mortais a seren alcanzadas polo lume mentres conducían os seus carros.
Alén desta traxedia humana, a Citroén de Vigo -corazón industrial da cidade- tamén foi desaloxada perante o avanzo das lapas.