Francisco Franco

Instalacións do pazo de Meirás. (Foto: M Dylan / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

A Audiencia da Coruña confirma que o Pazo de Meirás é do Estado, mais obriga a indemnizar os Franco

A Audiencia Provincial da Coruña resolveu esta sexta feira o recurso dos Franco e confirma que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado. Condena os herdeiros do ditador a deixar o inmóbel e sinala que poderán ser indemnizados polos gastos de conservación do edificio desde 1975.

O discurso de El-Rei

O rei emérito

Instalacións do pazo de Meirás. (Foto: M Dylan / Europa Press)
O Estado descarta que afecte á sentenza

Detectado un erro sobre a propiedade de fincas en Meirás

A Audiencia Provincial da Coruña, perante a que os Franco recorreron a sentenza que os condenaba a devolver o Pazo de Meirás ao Estado, solicitou documentación relacionada coa propiedade de fincas ao detectar un "erro".

Punhetas inclementes

Unha imaxe da protesta na Casa Cornide. (Foto: BNG)
MEMORIA E HISTORIA

Os nove activistas denunciados polos Franco pola protesta da Cornide serán xulgados o 4 de febreiro

O colectivo dos '19 de Meirás' convocou unha concentración pacífica diante do Xulgado para amosar a súa solidariedade con este grupo de persoas.
Xosé Velo, no centro, á súa dereita, Soutomaior e Galvao falando. (Foto: Nós Diario)
60 aniversario do secuestro para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar

Cando o 'Santa María' tornou en 'Santa Liberdade'

Hai 60 anos, o 21 de xaneiro de 1961, un grupo de revolucionarios apoderouse pola forza do barco portugués 'Santa María', rebautizándoo ao pouco en 'Santa Liberdade', para denunciar diante do mundo as ditaduras ibéricas, a situación social dos seus pobos e o problema nacional do Estado español.
Activistas as portas de Meirás. (Foto: M. Dylan / Pool / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

Os exteriores de Meirás abrirán ao público o 30 de xaneiro

Ademais creouse un grupo de traballo con representantes de todas as Administracións para intentar chegar a un proxecto común de usos do complexo entregado ao pobo.

Que clase de república?

Sobre a Casa Cornide, Babío pensa que "se perdeu tempo". (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Carlos Babío: "Non podemos converter o debate sobre Meirás nun Pardo Bazán, si, ou Pardo Bazán, non"

A batalla continúa para o autor de 'Un pazo, un caudillo, un espolio'. En vindeiras datas, Carlos Babío terá que afrontar en Madrid a enésima demanda da familia do ditador, que chega nun contexto no que a Galiza, en xeral, e A Coruña, en particular, loitan pola recuperación doutro edificio histórico en mans dos Franco: 
Imaxe da última protesta ante a Cornide. (Foto: Xoán Roberes)
MEMORIA E HISTORIA

Os camiños cara a unha Casa Cornide de dominio público

Os Franco poden vendela, mais quen a adquirise ficaría desprotexido
Instalacións do pazo de Meirás. (Foto: M Dylan / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

Os Franco rexeitan que o Estado sexa depositario dos Bens de Meirás

A familia do ditador pide, nun escrito de 38 páxinas, unha indemnización "polos danos e prexuízos" destas medidas cautelares.
Protesta ante a Casa Cornide este domingo na Coruña (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Esixen a devolución da Casa Cornide e unha investigación aos Franco

A Coruña acolleu este domingo unha concrentración ás portas da Casa Cornide para esixir a súa devolución ao Concello, ao que piden que investigue a posíbel substracción de obxectos do inmóbel nos últimos días

A nosa tradición republicana

Historia e memoria da vitoria de Meirás

Tambores de guerra

O secretario de Estado presidiu a xuntanza, na que están administracións pero non institucións académicas nin memorialísticas. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Arranca a comisión de Meirás co reto de facer do pazo o "referente" da memoria

A Xunta apela ao consenso para definir os usos que ela mesma racha

Meirás e a tentativa por ocultar a historia

Imaxe dunha marcha cívica para exixir a devolución da Cornide. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

O Concello da Coruña inicia accións legais para recuperar a Casa Cornide

Este inmoble destacado da Cidade Vella coruñesa está en mans da familia Franco. Din as e os expertos que o seu cambio de mans foi tamén unha estratexia para enriquecer ao ditador Francisco Franco. Un numeroso grupo de activistas leva anos pedindo a devolución mentres que os achegados do caudillo intentaron vender a propiedade.
Estadio Anxo Carro (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Ángel 'Anxo' Carro: o estadio de fútbol do lugo leva o nome dun fascista

Baixo a máscara dun benfeitor do deporte local, Ángel Carro Crespo, un dos elementos máis relevantes do franquismo na fase inicial -e máis dura- da ditadura na cidade de Lugo, definido por un informe da Policía como "de extrema dereita" e "adherido con entusiasmo ao Movemento Nacional", continúa a dar nome ao estadio no que xoga os seus partidos o conxunto lucense transcorrida máis dunha década desde a aprobación da Lei de memoria.