fame

Afectad*s preferentes Ferrolterra
ECONOMÍA

Apres Ferrolterra remata a folga de fame e continuará as mobilizacións

A Asociación de afectad@s polas participacións preferentes e subordinadas rematou a folga de fame que realiza desde o pasado 24 de decembro. O 19 deste mes protestarán diante do Congreso do PPdeG en Lugo.
Folga de fame Apres
ECONOMÍA

Continúa a folga de fame d@s afectad@s polas preferentes de Ferrol

A Asamblea de Afectados polas preferentes e Subordinadas de Ferrol (Apres) continúa coa protesta en forma de folga de fame para exixir "o 100%" dos cartos retidos polas entidades bancarias. Estas festas recibiron as visitas de varios alcaldes da zona e do portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e o deputado nacionalista Carlos Aymerich. Pensan continuar coa folga até o 7 de xaneiro.
Folga de fame contra a estafa das preferentes
ECONOMÍA

Folga de fame contra a estafa das preferentes

Imaxes da acción emprendida pola Asociación de afectad@s polas participacións preferentes e subordinadas, APReS-Ferrolterra
Galiza

A fame regresa a un país en que unha de cada catro persoas está en risco de pobreza

Unha de cada catro persoas están en risco de pobreza na Galiza. Os datos de 2011 falan de 662.515 cun aumento anual de 50.000 cada ano. Desde o 1 de setembro, 20.000 persoas ficaron fóra do sistema de saúde público. A Rede Galega contra a Pobreza fala xa de que no territorio galego hai xente que está a pasar fame.
Tosar
Galiza

Luis Tosar, Pepe Carreiro e O Carrabouxo visitan os sindicalistas en folga de fame e trasládanlles a súa solidariedade

O actor galego e os dous debuxantes achegáronse até a caravana instalada diante da Audiencia Provincial de Pontevedra para solidarizárense cos tres sindicalistas condenados a tres anos e un día de prisión
SOCIAL

Fame de soberanía alimentar

A Rede galega contra a pobreza leva tempo advertíndoo: nove de cada dez persoas viven en risco de pobreza. Na Galiza, garantir o acceso á terra é condición fulcral para deixarmos de vivir da caridade da agroindustria
leiteb greve
ECONOMÍA

As voces d@s gandeir@s: "Condénannos á fame, como queren que non fagamos algo?'"

A folga de entregas está a paralizar a recollida de leite na Galiza, nunha protesta sen precedentes que xungue a demanda d@s gandeir@s dun prezo xusto para este produto co defensa do futuro dun sector (65.000 empregos) e do rural galego. Gandeir@s de diferentes comarcas do país cóntannos os motivos para se implicaren nesta mobilización
Guillerme Vázquez visitou aos sindcalistas en folga
ECONOMÍA

Guillerme Vázquez: "Farto de que se condene a traballadores, e aos banqueiros, nin tocarlles un pelo"

O voceiro nacional do BNG visitou esta segunda aos sindicalistas da CIG en folga de fame en apio aos tres compañeiros condenados a tres anos e un día de prisión cada un. Vázquez trasladoulles o apoio da fronte nacionalista e afirmou que "estou absolutamente farto dunha situación na que os traballadores van a cárcere por defender os seus dereitos, mentres aos banqueiros ninguén lles toca un pelo"
Suso Seixo e Marcos Cadórniga
Galiza

Folga de fame contra a criminalización e represión sindical

Desde esta sexta e até o vindeiro 14 de decembro, e en quendas de dous días, ducias de afiliad@s da CIG tomarán parte nunha folga de fame para amosaren o seu apoio aos tres sindicalistas condeados a tres anos e 1 día de prisión por participaren na folga do comercio e alimentación de 2009. O secretario xeral da central, Suso Seixo, iniciará esta medida de protesta xunto con Marcos Cadórniga, un dos sindicalistas condenados. Aliás, o 15 de decembro haberá unha manifestación nacional en Pontevedra para denunciar a criminalización e represión da actividade sindical
Marcha en solidariedade cos presos kurdos
INTERNACIONAL

Máis de 600 presos kurdos demandan a oficialidade da súa lingua cunha folga de fame

Prisioneiros kurdos encarcerados en Turquía manteñen unha folga de fame con que exixen ao goberno do país facer oficial a súa lingua no ensino e nos tribunais. Aliás, os presos políticos demandan o inicio dun proceso de negociación que poña fin ao conflito político que vive o país e poña fin ao illamento ao que foi sometido o líder do PKK (Partido dos traballadores de Kurdistán) desde 1999.
pobreza
SOCIAL

A fame que vén: nove de cada dez persoas, aos pés da pobreza

A crise do capitalismo atacou con brutalidade a clase media, esvaecendo o perfil das persoas en risco de seren pobres. Os números falan por si propios: de cada cen persoas, só dez ficarían fóra do alcance da gadaña da pobreza, ao teren ingresos anuais que soben por riba dos 100 mil euros. Na Galiza, máis de 70 mil comen cada día do banco de alimentos. A demanda vai en aumento mais a UE debate fecharlles a billa do financiamento
Euskal Herria

Iosu Uribetxeberria deixa a folga de fame

Após quince días sen se alimentar, o preso vasco abandonou a folga de fame despois de que a equipa médica llo aconsellase.
Manifestación en apoio d@s pres@s en Euskal Herria.
Euskal Herria

Otegi súmase á folga de fame en apoio a Bolinaga

Arnaldo Otegi anunciou o domingo a súa unión á folga de fame masiva iniciada por varios presos en apoio ao detido Uribetxeberría Bolinaga, que pediu ser liberado da súa reclusión por motivos de saúde.

 

XORNADAS DE LOITA

Multitudinaria folga de fame d@s pres@s palestin@s

Milleiros de activistas protestan polas duras condicións nas cadeas israelís. Ao redor de 1.600 pres@s iniciaron unha folga de fame indefinida que secundaron, só por un día, tamén 2.300 activistas encarcerados, nunha iniciativa que xa foi bautizada como a 'batalla dos estómagos baleiros'