XORNADAS DE LOITA

Multitudinaria folga de fame [email protected] [email protected] [email protected]

Milleiros de activistas protestan polas duras condicións nas cadeas israelís. Ao redor de 1.600 [email protected] iniciaron unha folga de fame indefinida que secundaron, só por un día, tamén 2.300 activistas encarcerados, nunha iniciativa que xa foi bautizada como a 'batalla dos estómagos baleiros'

O 'Día do prisioneiro palestino' celebrado o pasado 17 de abril provocou unha inédita medida de protesta nos cárceres de Israel, onde 1.600 [email protected] iniciaron unha folga de fame indefinida que secundaron, só por un día, tamén 2.300 activistas encarcerados, nunha iniciativa que xa foi bautizada como a 'batalla dos estómagos baleiros'. Son preto de 5.000 @s [email protected] palestinos que cumpren condena na actualidade só no estado hebreo.

O inicio da folga de fame estivo acompañada de grandes manifestacións de apoio á poboación presa mentres que o presidente palestino, Mahmud Abbas pediulle unidade entre @s [email protected] “O único que se beneficia da división entre @s [email protected] é Israel, a potencia ocupante”, asegurou, logo de que fontes israelís informaran de certas divisións entre os presos de Hamas e os de Al Fatah.

 @s [email protected] esixen a fin da política de detención administrativa (sen xuízo) e do castigo de illamento e tamén que se permita na cadea continuar coa educación secundaria e o bacharelato, así como as visitas de familiares e a mellora das condicións de saúde. Pola súa parte, o goberno de Israel limitouse a indicar que se sente “preparado para afrontar a situación”.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios