Iosu Uribetxeberria deixa a folga de fame

Após quince días sen se alimentar, o preso vasco abandonou a folga de fame despois de que a equipa médica llo aconsellase.

Ion Garai, voceiro de Herrira, comunicou esta mañá a decisión adoptada por Uribetxeberria aos medios. O preso argüíu non querer pór en risco a súa vida, dada a febleza da súa saúde e ás motivacións da súa loita. Segundo o persoal médico que atende o preso, a súa situación física era moi grave. Malia todo, as persoas que manteñen o xaxún fóra do hospital Donostia --onde se atopa Uribetxeberría--, continuarán coa folga e piden que máis persoas se sumen a ela. Así mesmo, @s pres@s que se solidarizaron con Iosu, continúan tamén en folga de fame.

Institucións Penitenciarias, que outorgara ao preso o terceiro grao a pasada semana, enviou esta cuarta os datos que compoñen o expediente sobre a liberdade condicional de Uribetxeberria, ao xulgado de Vixilancia Penitenciaria. Será este órgano o que tome unha decisión sobre o caso.

Comentarios