Otegi súmase á folga de fame en apoio a Bolinaga

Arnaldo Otegi anunciou o domingo a súa unión á folga de fame masiva iniciada por varios presos en apoio ao detido Uribetxeberría Bolinaga, que pediu ser liberado da súa reclusión por motivos de saúde.

 

O líder abertzale Arnaldo Otegi remitiulle á dirección do cárcere de Logroño, onde fica recluído, un escrito no que comunica oficialmente que se suma á folga de fame para pedir a excarceración inmediata de Iosu Uribetxeberría Bolinaga, segundo informaron fontes penais.

Con Otegi, cinco detidos no centro penal rioxano remitiron a comunicación despois de almorzaren, por volta das 13.00, polo que xa non foron xantar. Desde que empezou a folga de fame o habitual é que entreguen estes formularios á primeira hora antes de almorzar, polo que aos presos de Logroño non se lles incluíu no reconto oficial elaborado este domingo por Institucións Penais sobre os presos en folga, que até agora ascende a 82 internos.

A partir de agora, os funcionarios do cárcere de Logroño pasarán a confirmar que Otegi e os seus compañeiros efectivamente cumpren coa folga de fame e non acoden nin a cear nin adquiren alimentos do economato. 

En caso de confirmarse que o sete presos de Logroño secundan realmente a folga, a cifra de presos nesa situación ascendería xa a 88 nos cárceres españois. Tanto nos cárceres do Estado como nos franceses varios presos secundan a folga de fame en apoio da comezada por Josu Uribetxeberría Bolinaga, ingresado actualmente nun hospital do Euskal Herria. 

Este detido atopábase na lista de 14 internos da banda para os que a esquerda abertzale pide a súa liberación por motivos de saúde. Nos último días, a contorna abertzale intensificou a súa campaña de presión. Otegi informou de que se sumaba á folga de fame a través dun comentario na súa conta persoal de Twitter que xestiona o seu fillo: "En solidariedade con Iosu, comezamos unha folga de fame indefinida na prisión de Logroño". Até agora os cárceres con presos en folga de fame son Sevilla, Granada, Picassent, Alacante II, Castelló II, Herrera de la Mancha, Puerto II (Cádiz), Navalcarnero (Madrid). 

O ministro de Interior, Jorge Díaz Fernández, declarou este venres desde Navarra que a liberación de Uribetxeberría non ía depender do número de etarras que se puxesen en folga de fame e si do resultado das probas médicas que se lle practicaron a sexta feira.

Comentarios