Guillerme Vázquez: "Farto de que se condene a traballadores, e aos banqueiros, nin tocarlles un pelo"

O voceiro nacional do BNG visitou esta segunda aos sindicalistas da CIG en folga de fame en apio aos tres compañeiros condenados a tres anos e un día de prisión cada un. Vázquez trasladoulles o apoio da fronte nacionalista e afirmou que "estou absolutamente farto dunha situación na que os traballadores van a cárcere por defender os seus dereitos, mentres aos banqueiros ninguén lles toca un pelo"
Guillerme Vázquez visitou aos sindcalistas en folga

A folga de fame simbólica iniciada por afiliad@s da CIG chega ao seu cuarto día. Esta segunda feira uníuse CCOO. Ambas as dúas centrais protestan pola sentenza que decreta tres anos de cárcere para tres sindicalistas por participaren nun piquete informativo na folga do comercio de alimentación de novembro de 2009. Considéranse obxecto dun "xuízo político" e rexeitan unha resolución que responde a unha tentativa "de criminalizar a loita obreira".

E esta segunda, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, achegouse até a contorna da Audiencia Provincial de Pontevedra, onde se ubica o campamento base no cal desde a sexta pasada se desenvolve a folga de fame impulsada pola CIG, para trasladar o seu apoio aos tres sindicalistas condenados:  Marcos Cardóniga, Carlos Alján e Carlos Búa.

Vázquez afimrou que "estou absolutamente farto dunha situación na que os traballadores van a cárcere por defender os seus dereitos, mentres aos banqueiros ninguén lles toca un pelo". Para alén disto, o voceiro nacional da fronte nacionalista indicou o seu convencimento de que "esta entenza (que condena aos tres sindicalistas) merece unha anulación. Esperemos que á xustiza lle entre un pouquiño de sentido común".


Comentarios