enquisas

Evo
Mundo

Bolivia acode ás urnas con Evo Morales con corenta puntos de vantaxe nas enquisas

O líder indíxena é o principal favorito nas presidenciais, que probabelmente confirmarán o terceiro mandato do actual presidente, que tamén será o último dun ciclo que iniciou en 2006.

Jacob Zuma
INTERNACIONAL

Enquisas a pé de urna auguran unha ampla vitoria do ANC en Suráfrica

Os inquéritos apuntan a que o partido liderado por Jacob Zuma renovará a súa maioría, co apoio de 6 de cada 10 votantes. Os resultados definitivos daranse a coñecer entre esta sexta e o sábado.

tomeu_marti
Països Catalans

''Nas enquisas do Govern balear antes de impor o decreto, o 87% pediu ensino en catalán''

A oposición que nas Illes Balears agromou en contra da política lingüística do Executivo de José Ramón Bauzá cóntase en milleiros de persoas. Foron milleiros (70.000) @s que rexeitaron a reforma da Lei de función pública, acompañad@s por dúas persoas en folga de fame. E milleiros (120.000) foron @s que fixeron parte da 'maré verde' contra a imposición do español no ensino. Das agresións do PP ao catalán falamos con Tomeu Martín, activista da Obra Social Balear.

galego
Galiza

A CIG ensino exixe a execución da sentenza sobre o galego ante o desacato da Xunta

A CIG ensino acaba de se dirixir á Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para que garanta o cumprimento da sentenza ditada no seu día contra o decreto sobre o uso do galego no ensino. Faino así o sindicato nacionalista após constatar que a Xunta teima en consultar a nais e pais a lingua vehicular do ensino en Galiza, unha práctica declarada non axustada a direito polo TSXG.

Vitoria de Rafael Correa en Ecuador
INTERNACIONAL

Abrumadora vitoria de Correa en Ecuador

Correa foi reelixido na primeira volta das eleccións presidenciais ao conseguir o 56,7 por cento dos votos (2,49 millóns de votos).
Alfredo Pérez Rubalcaba, secretario xeral do PSOE
POLÍTICA

Rubalcaba evita pedir eleccións antecipadas ante os adversos prognósticos das enquisas

Bárcenas e a crise combínanse para o PP ter unha perspectiva demoscópica desastrosa. Mais o PSOE non está mellor. O bipartidismo atravesa unha crise sen precedentes na historia do réxime político xurdido coa Constitución de 1978. Rubalcaba non pide eleccións antecipadas porque aínda que o PP podería chegar a perder até 50 escanos, o PSOE até obtería menos.
Països Catalans

As enquisas quítanlle a maioría absoluta a CiU


Cinco enquisas publicadas hoxe coinciden en que Mas será a forza máis votada cuns resultados semellantes aos de 2010, sen acadar a maioría absoluta. O segundo posto estaría entre ERC, PSC e PP. SI desaparecería do Parlamento e CUP entraría por primeira.vez.

Enquisas, rupturas evitábeis e liberación nacional e social

Vexo como positiva a incorporación de Xesús Veiga como columnista de Sermos Galiza dixital, xa que sen dúbida é unha persoa con argumentos e que leva moitos anos activo na política galega. Tamén debo dicir que non sempre coincido con el nos obxectivos e no camiño que propón para acadar unha Galiza soberana e con xustiza social.
Parlament de Catalunya
Països Catalans

As enquisas apuntan unha vitoria de CiU o 25N mais non aseguran a maioría absoluta

Máis de 5,2 millóns de catalás e cataláns, segundo o último censo electoral, teñen a posibilidade de votar o vindeiro 25-N. As dúas enquisas publicadas, unha da Generalitat e outra do goberno español, coinciden na vitoria de Artur Mas e difiren na súa maioría absoluta. As CUP acadarían representación no Parlament.
Acto público de EH-Bildu
Euskal Herria

Todas as enquisas coinciden en situar a pugna en Euskadi entre PNV e EH Bildu

Todas as sondaxes publicadas até a data coinciden en sinalar o PNV como vencedor das eleccións do domingo e en situar EH Bildu como única alternativa aos jeltzales. Estas dúas forzas políticas poderían ocupar dous terzos do Parlamento de Gasteiz na próxima lexislatura, mentres que PSE e PP, que ostentaron maioría absoluta nos últimos anos tras a exclusión da esquerda abertzale, quedarían relegados a exercer un papel secundario.

Enquisas como estratexia electoral

Chegaron as enquisas e todos os partidos póñense nerviosos. Non é para menos, está en xogo que siga ou non no Goberno central e na Xunta o Partido Popular.
Imaxe do Parlamento de Galicia.
ESCENARIO ELECTORAL

Os inquéritos internos do PP galego confirman que Feijóo pode perder a Xunta

Os datos demoscópicos que manexa a dereita dánlle entre 37 e 38 deputados, no fío da maioría absoluta.