Rubalcaba pide a Rajoy que demita, mais non que convoque eleccións

O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, demandou hoxe a Rajoy que demita e abra as portas da Moncloa a outro dirixente do seu partido. Isto é, Rubalcaba non quer eleccións anticipadas. Tampouco anunciou a presentación dunha moción de censura.

Nin eleccións anticipadas nin moción de censura. A crise política desatada polo caso Bárcenas debe saldarse simplesmente co abandono de Rajoy da presidencia do goberno español. Iso é o que defendeu en conferencia de imprensa o secretario xeral do PSOE.

Rubalcaba argumenta que a continuidade de Rajoy na presidencia do Goberno dana a imaxe do Estado español no exterior.

Alega tamén que Rajoy non está nin sequera en condicións de cesar os seus ministros.

Rubalbaca restou todo valor á publicación por parte de Rajoy da súa declaración da renda: "canta máis transparencia, mellor. Porén, non desviemos o problema: nas declaracións da renda non aparece o diñeiro negro".

Comentarios