Abrumadora vitoria de Correa en Ecuador

Correa foi reelixido na primeira volta das eleccións presidenciais ao conseguir o 56,7 por cento dos votos (2,49 millóns de votos).
Vitoria de Rafael Correa en Ecuador

O Consello Nacional Electoral (CNE) de Ecuador informou de que Rafael Correa obtivo o 56,7 por cento do apoio nos comicios deste domingo, unha vez finalizado o 100 por cen das actas escrutadas. O primeiro discurso de Correa após a reelección realizouno desde o balcón do Pazo de Goberno. O líder de Alianza País, diante dunha multitude de persoas, agradeceu o apoio. "Nada para nós, todo para vostedes"

O triunfo da democracia en Ecuador é o triunfo da democracia na Patria Grande", afirmou Rafael Correa a Tele Sur. O reelixido presidente quixo dar "unha clara mensaxe dos nosos pobos de dicir nunca máis o pasado, imos polo camiño correcto, o camiño da xustiza social, da dignidade, da soberanía"

Correa dedicoulle o seu triunfo “a ese gran líder latinoamericano que transformou Venezuela” Hugo Chávez a quen lle desexou "unha pronta recuperación en nome do pobo ecuatoriano".

Datos oficiais

O reconto rápido realizado polo Consello Nacional Electoral (CNE), deixou os outros candidadtos a moita distancia. Lasso acadaría o 23, 7 %, o ex-presidente Lucio Gutiérrez e o seu compañeiro Pearl Ann Boyes o 6,6 por cento e Mauricio Rodas obtivo o catro por cento.

Comentarios