Delta

Unha sanitaria nunha UCI das Balears. (Foto: Clara Margais / DPA) #uci #coronavirus
INTERNACIONAL

A variante ómicrom do coronavirus afecta xa ao 21% das persoas contaxiadas na Galiza

As autoridades sanitarias indican que a cepa delta do virus continúa a predominar no país e que, a pesar do crecemento da ómicrom, o país é o terceiro territorio do Estado español cunha menor porcentaxe desta.
Fileiras en comercios non esenciais de Ámsterdam poucas horas antes da entrada en vigor do confinamento. (Foto: Ana Fernández / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

De Países Baixos a Grecia: repunta das restricións en Europa para controlar a variante Ómicron

A aparición de Ómicron forza a adopción de novas medidas restritivas no continente europeo, que antes da detección da variante xa era o epicentro da Covid-19 no mundo. Así como limitacións de viaxe e de reunións, as propostas de confinamento ábrense paso perante o temor á combinación da expansión do virus coas festas. 
Unha persoa é tratada coa vacina de Pfizer. (Foto: AAPIMAGE / DPA)
INTERNACIONAL

A variante Delta da Covid-19 infecta ao mesmo nivel persoas vacinadas que non vacinadas

A análise preliminar dun estudo realizado na Universidade de Oxford, e publicado na revista The BMJ, destaca que a carga viral é a mesma nos dous grupos de persoas se se infectan con esta cepa. Así, sinalan os fármacos como remedios para rebaixar o risco ao contraer a enfermidade e non o risco de infectarse.
Picada de Soberana 02, unha das cinco vacinas cubanas. (Foto: Joaquín Hernández / Xinhua News / Contactophoto)
SOCIAL

Convenio da Xunta para levar 360.000 xiringas a Cuba

A Xunta asina un convenio para a adquisición de xiringas, respondendo o chamamento de subministracións de material médico feito desde Cuba, que está a desenvolver cinco vacinas contra a Covid-19.
Praia da Malva-rosa (València) ateigada a semana pasada. (Foto: Rober Solsona / Europa Press)
INTERNACIONAL

A expansión da Covid-19 mantén o Estado en risco extremo

O Estado español permanece no nivel de risco extremo, cunha incidencia de 644 casos por cada 100.000 habitantes. Isto levou a varios territorios a retomar os toques de recoller, que nalgúns casos os tribunais están a desbotar. Aragón e Nafarroa solicitaron esta quinta feira o aval para poder aplicalo nas zonas de risco.
EuropaPress_3848119_19_july_2021_india_new_delhi_indian_prime_minister_narendra_modi_holds_an
INTERNACIONAL

As mortes por Covid na India, dez veces máis que as oficiais

A "peor traxedia humana desde a independencia" do país, sinala un estudo.
Amplíase a capacidade máxima nas terrazas dos locais hostaleiros a 15 persoas; seis en espazos interiores. Na imaxe, unha terraza de Compostela, nesta segunda feira (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Os concellos amosan a súa preocupación polo aumento de casos á vez que se avanza na desescalada

A Federación Galega de Municipios e Provincias trasladou esta sexta feira a inquedanza dos concellos ante o retroceso na contención da pandemia “xusto cando se autoriza organizar verbenas e outros eventos populares e cando se retoma a actividade do ocio nocturno”.

Lume novo

Unha parella baila durante nunha verbena durante a proba piloto do pasado día 12. (Foto: Beatriz ciscar / Europa Press).
star
SOCIAL

Hospitalización por Covid: menos ingresos, máis novos, máis leves e máis curtos

A vacinación mudou por completo a evolución da pandemia. Era o obxectivo. Comezar a inocular a poboación para reducir axiña o risco de morte e enfermidade grave. As cifras confirman que as vacinas funcionan. De feito, é a poboación máis nova, pendente iniciar a súa inmunidade, a que agora soporta as consecuencias da Covid-19: contaxios e ingresos, que xa non responden a un único patrón.  
 
Un grupo de mozas durante a proba piloto de verbenas. (Foto: Beatriz Circar /Europa Press).
SOCIAL

Sanidade augura "gromos explosivos" a medida que se relaxen as medidas

Os surtos asociados a viaxes de fin de curso deixan, segundo as últimas cifras ofrecidas por Sanidade, 70 positivos e 600 persoas en corentena na Galiza. O Goberno balear confirmou que ten detectados 268 mozos e mozas máis procedentes da Galiza, Euskadi, Andalucía e Madrid, aínda de viaxe, en varios hoteis de Mallorca.
Proba de antíxenos. (Foto: Javier Pulpo / Europa Press).
SOCIAL

Soben a 70 os contaxios polo surto relacionado con viaxes de fin de curso a Mallorca

Sanidade avanza no control e seguimento dos casos declarados mentres desde Educación, o conselleiro Román Rodríguez chama a evitar situacións de risco. Este foco de coronavirus debe "servir de aviso para manter a precaución e a responsabilidade".
Unha mostra dunha PCR. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Galiza conta con 50 casos asociados a viaxes de fin de curso a Mallorca, 30 deles en Pontevedra

A repunta de casos da Covid-19 que se produciu na Galiza nos últimos días ten a ver, segundo a Consellaría de Sanidade, con contaxios que tiveron relación con viaxes de fin de curso a Mallorca. Segundo o departamento de Julio García Comesaña, a variante británica e a Delta, procedente da India, estarían detrás destes surtos.
O ocio nocturno reabrirá o primeiro de xullo tras a proba piloto realizada na Coruña o pasado 12 de xuño. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
star
SOCIAL

A poboación nova, a máis vulnerábel fronte á Delta

A aparición da variante Delta precipitou unha nova fase da pandemia que ameaza con apedrar a evolución epidemiolóxica mais a relaxación das medidas contra o coronavirus. De momento, a maioría dos países avanzan na desescalada mais non deixan de facer un chamamento á prudencia e á vacinación. Non só para salvar vidas, senón para achicar o virus e conter a súa evolución. As previsións apuntan a que Delta circulará "extensamente" ao longo do verán, o que supón un desafío particular para a poboación moza mais para os países empobrecidos con escaso acceso ás vacinas.  
Varias persoas sentan na terraza dun local de hostalaría da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
star
SOCIAL

A variante Delta da Covid-19 será dominante nunhas semanas

A variante Delta, detectada na India por primeira vez, ameaza con interromper a desescalada. Reino Unido e Portugal foron pioneiros á hora implantar medidas de prevención e restrición para impedir o seu avance. É máis transmisíbel que a variante británica e comeza a gañar terreo. As augas residuais da Coruña confirman a súa presenza na área metropolitana. Segundo o equipo científico que constatou a súa aparición, en pouco tempo será dominante. 
Á planta de tratamento de Bens chegan as augas residuais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. (Foto: EdarBens).
SOCIAL

A variante india da Covid, coñecida como Delta, chegou ás augas residuais da Coruña

A variante Delta da Covid-19, orixinaria da India, xa se atopa circulando pola Galiza. Alén dos casos puntuais detectados hai semanas en Vigo, o proxecto CovidBens evidencia que se atopa nas augas residuais da Coruña.