astronomía

ceo
star
SOCIAL

Pásmame a luz das estrelas

A Agrupación Ío comparte unha versión anovada do seu mapa do ceo, con mellores debuxos das constelacións. Un mapa do ceo galego (ou de calquera lugar do mundo na mesma ou parecida latitude) con deseño gráfico de Marta Cortacans e que a entidade divulga a través do seu sitio web, canda outros materiais e recursos como un moníptico sobre o Sol, que achega información sobre a súa estrutura, as distancias no sistema solar, a evolución estelar, datos fundamentais e fitos significativos na exploración solar e información sobre as eclipses que veremos na próxima década, ou un mapa da Lúa, elaborado a partir dunha fotografía de Óscar Blanco.
observatorio forcarei foto concello forcarei
SOCIAL

Os eólicos poñen ao bordo do feche o observatorio astronómico de Forcarei

A construción de catro megaparques nas súas proximidades fan dificilmente viábel a súa continuidade. “As turbulencias que provocan as correntes de aire, alteradas polas xigantescas turbinas dos aeroxeradores, cuxo  perturbador efecto nótase a varios quilómetros de distancia, fan que a calidade da visión se reduza notabelmente”.

Contaminación luminosa en Vancouver (Canadá).
star
SOCIAL

Luz e progreso en todas as partes, contra a contaminación luminosa

A contaminación luminosa borra o ceo estrelado e produce graves danos no medio ambiente. Explícao Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Io, quen asegura que provoca millóns de mortes de paxaros por choques contra edificios iluminados, dificulta as migracións nocturnas, a miúdo con consecuencias fatais, altera os procesos reprodutivos e de predación de moitas especies...
Extracto da reportaxe incluída no caderno. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O caderno Aprender profundiza sobre a realidade da distribución e o consumo de alimentos

O suplemento tamén fornece coñecementos das aves que hai máis preto da casa e mesmo analiza cuestións astronómicas. Poderás atopalo co teu 'Nós Diario' deste sábado nos quiosques ou na nosa tenda en liña.
Imaxe da previsión astronómica de abril. (Foto: Asociación Astronómica Coruñesa Ío)
star
Caderno Aprender

Lembranzas da navegación coa compañía dos crepúsculos de abril

Vivimos unha noite completa de primavera, desde o solpor até o abrente, para descubrirmos como varía a paisaxe celeste. 
Cristina Rodríguez López traballa no observatorio de Calar Alto situado en Almería. (CRL)
SOCIAL

Cristina Rodríguez, astrofísica: "A vida non ten porque estar baseada no carbono e no exíxeno como aquí na terra"

Un equipo internacional de astrónomas e astrónomos descubriu hai uns días unha superterra quente ao redor da estrela Gliese 486, a tan só 26 anos-luz do Sol. Este exoplaneta, foi detectado polo instrumento Carmenes, proxecto coliderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), co telescopio de 3,50 metros do observatorio de Calar Alto en Almería, podería dar información trascendental para o estudo das atmosferas de exoplanetas rochosos. Cristina Rodríguez López, astrofísica galega, traballa nese equipo. 
Reportaxe de Manuel Meijide, 'As cidades do futuro: cara unha xestión holística urbana'.
CULTURA

O caderno 'Aprender' voa das bolboretas ás cidades do futuro

Os contidos desta semana tamén inclúen a habitual cita coa astronomía e unha reportaxe arredor do mundo das aves. Se queres gozar de todos eles só tes que acudir ao quiosco este sábado e mercar Nós Diario.

respalndor
SOCIAL

Un “bólido” brillante e ruidoso atravesou esta madrugada o ceo da Galiza

Un forte resplandor de luz foi visto por numerosas persoas en diversos puntos non só da Galiza senón tamén do norte de Portugal

Aobservación nocturna é outro tipo de patrimonio a promover. (Foto: Asociación Sirio).
star
Reportaxes

Atopar estrelas: o patrimonio a defender do ceo galego

O turismo astronómico forma parte da oferta cultural da Galiza. A pesar da súa baixa explotación en contraste co resto do Estado, a curiosidade na ollada ao firmamento provoca o interese de asociacións e particulares, amantes da observación dos ceos, que procuran destinos específicos no campo e no interior para contemplar estrelas, galaxias e nebulosas na noite máis fechada. Os seus principais freos, o descoñecemento e a contaminación luminosa, elementos que poden botar a perder un potencial motor de lecer sustentábel e respectuoso co medio ambiente. 
Inicio do outono (Imaxe: Santi Alvite).
SOCIAL

Caída de follas e estrelas tras o comezo do outono

O evento astronómico máis destacado desta estación é a chuvia de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano.
muras
Caderno de Verán

Astronomía, desde Muras até o Universo

A vila do interior galego considérase bo observatorio astronómico porque a despoboación foi reducindo a contaminación luminosa. O Concello e a Sociedade Galega de Historia Natural traballan conxuntamente para conseguir o selo Starlite que emite o Instituto Astrofísico de Canarias
astronomía
Caderno de Verán

As estrelas agóchanse no rural

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación Astronómica Sirio recoñecen que a iluminación na Galiza dificulta ver as estrelas e os planetas en todo o seu esplendor. Ademais, a Covid-19 parou as saídas divulgativas para orientar a xente.
Xosé Cardelle, presidente Agrupación astrónoma coruñesa Ío (Agrupación astrónoma coruñesa Ío)
SOCIAL

Xoán Cardelle, astrónomo amador: "Poderíamos ser unha potencia en astronomía polas boas condicións para ver o ceo"

A entrada do virus causa alteracións na flora intestinal aumentando 
os compoñentes inflamatorios que poden agravar a chamada tormenta 
de citoquinas
Nós Diario

'Síntomas intestinais' e coronavirus, artigo central do caderno 'Aprender' desta semana

Esta terza feira sae do prelo o Nós Diario cun novo número do caderno 'Aprender', onde Sonia Villapol -profesora de Neurociencias no Instituto de Investigación Methodist de Houston, Texas- reflexiona sobre a hipotética protección que poden ofrecer as bacterias intestinais ante a severidade da COVID-19. 
Circumpolar sobre a Pena de Rodas, imaxe participante en 2018 (Marcos Gestal)
CULTURA

Na procura das mellores imaxes do ceo galego de 2019

A web Ceos Galegos abre as votacións populares para escoller a mellor fotografía do noso ceo.
Posicion HD149143-optico- DSS2 color
SOCIAL

Rosalía de Castro e o río Sar xa alumean no ceo

O nome da poeta galega dá nome á estrela HD 149143  e o río que atravesa a capital galega ao planeta  HD 149143 b grazas a milleiros de votos en todo o mundo nunha votación online.  

O escritor Pedro Feijoo, sostendo o calendario Ceos Galegos, e X. Dosi Veiga, con 'Un lume azul', ambos coa foto do mesmo faro.
Entrevistamos X. Dosi Veiga (Ceos Galegos)

“O ceo nocturno é dobremente fermoso cando entendemos o que estamos a ver”

Chega ás librarías, como cada ano, o calendario Ceos Galegos, unha iniciativa de divulgación científica que xorde da man do físico X. Dosi Veiga.

Agrupación Astronomíca Ío Estrela Rosalía
CULTURA

Últimas horas das votacións para que Rosalía de Castro dea nome a unha estrela

O 12 de novembro remata o prazo para conseguir poñerlle o nome de Rosalía de Castro á estrela HD 149143, e Río Sar ao seu planeta, HD149143b.
Background with Starry night sky. Falling Snow Effect. Galaxy
CULTURA

Versos na rúa para a estrela Rosalía

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto a pé de rúa para animar á cidadanía a votar e nomear Rosalía unha estrela. Comezará ás 17.30 diante do Teatro Colón da Coruña e recitaranse e cantaranse versos da escritora.
Background with Starry night sky. Falling Snow Effect. Galaxy
DAR NOME A UNHA ESTRELA E UN PLANETA

Rosalía de Castro, o río Sar, Breogán e o seu fillo Ith aspiran a estar nos ceos

Até o vindeiro 12 de novembro está aberta a votación para poñer nome á estrela HD 149143 e ao planeta HD 149143 b, no marco dun proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu 100 aniversario.